Ser Feliz.

Non é máis feliz o que máis ten senon o que menos necesita.

Moitas veces non lle damos importancia ás cousas pequenas, cando o conxunto de todas esas cousas pequenas, cando son agradables, é o que fai que sexamos máis felices.

Por iso vou facer unha lista de cousas que me gustan. Lereina cada vez que me atope algo tristona para que o meu ánimo non decaia.

Por suposto, irei ampliando a lista cada vez que se me ocorra unha nova cousa que engadir, e espero que sexa a miúdo.

- Gústame asomarme á ventá á tardiña e ver pasar os morcegos preto e escoitar o ruidiño que fan ó bater as súas ás crac-crac-crac

- Os flocos de millo que fan en Guinda (en Cedeira).

- A serra da Capelada.

- Os cemiterios vellos, as ruinas e lugares así con ese encanto especial …

- Coñecer as lendas e seres míticos dos lugares que visito.

- Planificalo todo, ata planificar como planificar jaja

- As mantecadas de Astorga.

- O ruidiño que fai Pilla (a miña chinchilla) cando come un anaco de mazá.

- A película “Un lugar llamado Paraíso”.

- O libro “La casa de los espíritus”, de Isabel Allende. (E a peli tamén).

- As galletas resesas (non importa o mal que saiban frescas, resesas gustanme case todas jaja)

- Escribir historias (ou máis ben matinalas porque poucas pasan a papel) a partir dunha música que escoito.

- O caldo de repolo SÓ acabado de facer, pero as lentellas e os callos canto máis requentes mellor.

- Sacar unha fornada de meigas; sempre me impresiona. E se son das de eucalipto mellor porque o olor inunda toda a casa.

- O meu Khrisi  (é o que mais me gusta jeje)

- Pasear pola praia en inverno, cando non hai xente.

- Que os meus pais encendan a lareira e o olor da leña.

- Cando ules algo que che recorda algunha cousa, algunha vivencia ou te transporta a outro lugar.

- Rir coas tolerías que fan as miñas mascotas, que non son poucas (nin as tolerías nin as mascotas jaja)

- A música andina.

- As mazás granny smith

- Pepa e Avelino, os velliños da tele jajajaja

- Unha flores azuis que saen no meu xardín e non sei como se chaman.

- Cando vou pola rúa e me lembro dalgo gracioso ou vexo algo que me fai gracia e non podo aguantar a risa, e logo penso en que pensarán os que me ven e ainda me dá máis risa.

 

Deixar un comentario