Bueno estos días como o tempo non acompaña para sair de paseo e me anda comendo o demo na casa, parece que non fago outra cousa mais que subir vídeos de fotos de paseos varios…
Pois así é, ahí vai outro… desta volta son fotos da ría de Cedeira sacadas dende o lado deles, polo que se ve tamén a zona pantinexa, sobre todo a Punta Chirlateira. Eu case son chirlateirana (¿ou chirlateirense?) xa que non hai moita distancia dende a miña casa a ese lugar.
Bueno, prometera subir algo máis de Malvela. Ahí esta unha parte (o final máis concretamente) do famoso Pirimpimpín. Foi no festival de Ortigueira (Mundo Celta) deste ano.
Bueno eu parece que non fago outra cousa que ir por esa zona pero é que me gusta moito, que lle vou facer…
En fin, fotos no Souto da Retorta (Chavín. Viveiro) e na praia de Viveiro. Ó final saen un par de fotos dunha aldeiña que agora non me acorda o nome, está pouco antes de chegar a Viveiro vindo do lado da Coruña, onde se colle o desvio para ir ó parque etnográfico do cargadoiro de minerais.
Hoxe pensaba ir ver o pasarrúas do Samahín en Cedeira, pero comezou a chover de tal maneira e facía tanto frío que me rendín. A ver se para o ano por fin… jeje
Porque está ben xuntarse para facer algo de deporte.
Porque o Santo André de Teixido é para Galicia o que Santiago de Compostela a Europa.
Porque irá de morto o que non foi de vivo …
Son estas unhas boas razóns para ir camiñando a Teixido. E por iso, este pasado sábado, varios pantinexos e achegados fomos en batallón dende a nosa parroquia ata as bravas (e fermosísimas) terras da Capelada.
Foi unha excelente excursión organizada pola Asociación de Veciños de Pantín. De seguro moitos agardan con impaciencia a próxima.
Velahí un vídeo-resumo da andaina:
E ahí vai outro con fotografías da excursión:
Se algúns dos participantes na andaina queredes copia dos vídeos e das fotos, pasade pola miña casa cun cd e grábovolo. Tamén lles darei un cd con todo ós da AVV por se lle lo queredes pedir a eles para copiar.
Este pasado domingo paseino estupendamente neste evento ó que acudía por primeira vez.
Celébrase nun lugar moi fermoso: o entorno da igrexa de Santa María de Cabalar.
Na mañá o tempo estivo moi revolto. Na seguinte foto vese o ceo cuberto… ós poucos minutos de sacala xa comezou a chover… parecía que o día non ía abrir pero despois de comer o ceo abreu e ata fixo calor.
Durante a mañá, un grupo de vehículos históricos percorreron A Capela. Logo todos puidemos contemplalos na festa.
Na mostra había varios artesáns. Sei que á maioría non lles gusta que lles saquen fotos asi que como mostra tan só vou poñer os atarecos do serrachín:
Para ver ó resto dos artesáns… pois acudide ó evento o ano que ven!
Ademáis do serrachín, había fiadoras, unha artesá co seu tear, unha artesá de traxes tradicionais, artesáns da madeira e canteiros, artesáns do mel e derivados, etc Bueno, non incluio foto do meu posto porque xa o teredes moi visto, eu traballo básicamente con arxila polimérica. Tamén estaba a agroalimentaria do Eume.
Logo chegou a hora do xantar, esqueceume preguntar quen era o que asou o churrasco pero estaba boísimoooooo. E dío unha persona que non é especialmente aficionada ó churrasco. Pero estaba… ñam ñam! que ricooooooo.
A festa estivo amenizada coa música de Manolo de Viveiro, gran animador él. E tamén co grupo de música tradicional Os Suplentes de As Pontes. Menuda festa se montou na sobremesa. As cantigas populares (algunhas bastante picaronas ) deron paso tamén ós bailes.
Logo había programada unha visita ó Muíño do Barreiro, que non quedaba excesivamente lonxe do lugar da festa e, como non, eu tamén me apuntei. Foi un bonito paseo a pé por un camiño fermoso. Non dubido de que voltarei por alí. Paga a pena.
Foi unha fermosa excursión, ademáis ¡acompañada de gaitas!, que máis se pode pedir? Dende logo a min fascinoume!
Indo cara o muíño.
A medio camiño fixemos unha pequena parada xa que xurdíu un pequeno debate micolóxico.
¿Era comestible ou non?
Pois si que o era. Inda que como dí Xusto: Tóda-las setas son comestibles, o que pasa é que algunhas tan só as comes unha vez…
Ó fin chegamos ó muíño.
Os intrépidos excursionistas chegando ó muíño.
Muíño do Barreiro
Unha vez na meta, algúns de nós seguimos avanzando algo máis. Tamén os músicos; pero esta parte do camiño era algo máis complicada e houbo que aparcar os instrumentos, que durante un anaco, ficaron a xeito de postal adornando o xa de por sí fermoso entorno.
Tramo do río con recheo de coios enormes.
E agora en fila de a un …
Seguindo o canal do muíño.
Encantoume este lugar no que as rochas presentaban unha vestimenta a base de vexetación:
De volta ó muíño.
Continuará…
Inda falta máis relato, máis fotos e algún vídeo.
Continúo á noite para non seguirlle a restar tempo ó traballo, que estos días estou que non dou feito e necesito a luz solar para avanzar.
Bueno hoxe 22 de setembro (ou 23 que xa é de madrugada) ó fin edito isto para inclui-los videos que non insertei na entrada esta por falta de tempo…
Visita ó muíño do Barreiro e xogo de baile coa escoba que ninguén quería (o que queda con ela perde).
Edito a 30 de outubro de 2008 para engadir o derradeiro video (o pouco que puiden grabar da malla) por non podelo subir antes. Velahí vai:
Bueno, chega a mañanciña do xoves e Fátima (ou sexa eu) sae da casa cedo con toda a ansia para ir montar o postiño no festival. O ano pasado pensaba que era unha esaxerada indo ás dez (por iso de recoller a acreditación) tendo en conta que se montaba a partir das doce… pero como cando cheguei xa había cola, este ano madruguei ainda máis e… puideno evitar a verdade …
O primeiro que vin ó chegar a Ortigueira foi a peazo noria que montaron este ano:
Nada máis chegar á zona do festi xa me atopei con Luciano, un colega posteiro do ano pasado e despois das típicas preguntas de como vai todo e que tal a muller e o mozo e tal… agardamos a que abriran a caseta e nos deran o noso (previo pago de 50 eurazos; porque si… subiron a cota como non! jajaja) Non tardou moito en aparecer Marta, tan simpática coma sempre, que encanto de rapaza! que este ano pillou caseta e nos fixo un gran favor a nós deixandonos gardar alí as cousiñas e aturándonos (ten o ceo gañado).
O caso é que este ano ademáis de subir a cota, marcáronnos o espazo onde nos tiñamos que colocar. O primeiro que vin ó chegar ó recinto foi uns espazos marcados e numerados no chan, e pensei (medio en coña) que serían os lugares para colocarnos, pero ó instante dixen, que va! que vai ser para iso! Pois era! si señor! Xa comezou o nerviosismo entre os posteiros jejeje
Tocoume o número 18, un número de por si bonito verdade? Pero o lugar non me chistaba nadiña porque este ano fixo un vento que non se aturaba, pero ese non era o meu principal problema o xoves porque… un anaco mais tarde comezou a chover dunha forma desmesurada, parecía que estabamos en xaneiro, vaia chuzos!
Pois pasei a tarde con Marta na caseta pregando porque rematara de chover, pero nada…
Despois recollin os bártulos e tirei para o coche para deixalos alí e voltar para ver o concerto de Malvela. Vaia odisea… Chovía con tanta forza! Alá vou eu empurrando o carriño costa arriba e cunha saia longa que me ía pisando ó camiñar. Ó final cansa de pisar nela fíxenlle dous nós e tira pa diante! Chegando a terreo chan atopo un todoterreo chantado no medio da beirarrúa. Era dunha señora dun establecemento comercial do pobo, e díxenlle se o podía apartar e dixo que sí (xa jodería que dixera que non, tal e como o tiña aparcado) Pesoume tanto…
A ver o meu carro ben podía baixar a beirarrúa en caso de apuro, pero como me dixo que o ía a apartar alí me quedei agardando a que o fixera mentres ela e outra rapaza ¡lle vendían un chubasqueiro a un rapaz! manda narices! Que ou moi ben estaba o tipo e non me fixei, ou non sei para que fan falla duas persoas para iso… Xa andaba mosqueada (hai que ter en conta que agardei tranquilamente 10 minutos cunha molleira enriba de narices) e por fin se dignaron a partar o cacharro do meu camiño. Bueno a seguir ata o coche, vaciar todo e voltar.
Levaba roupa para cambiarme (era por mor de que fixera frio, que contar non contaba pillar tal molleira) e co pantalonciño seco e unha camiseta dos da Fundación Ortegalia que merquei, sentinme renovada. Con esas novas enerxías fun a ver o concerto das Malvela.
Malvela
Nun episodio dunha serie da galega que non perdía (Padre Casares), unha das protagonistas falando das Malvela di que son unha mulleres de Mos moi divertidas e, abofé que o son!
Mereceu a pena a molleria e a desesperación por poder ver o concerto, que ben o pasei!
Ahí deixo un videíño dun momento no que Silvina, unha das compoñentes do grupo se marca unha rumba animando ó público. Foi xenial.
Quero deixar constancia de que todo o grupo é xenial. Colgo o vídeo de Silvina porque foi un momento divertido que agradecín moito despois dun longo día bastante desastroso, pero todas as mulleres do grupo son xeniais, así como tamén os músicos que tocaban con elas.
Cando teña outro intre para subir cousas ó YouTube (xa sabedes que a miña conexión non me permite subir tanto como quixera) colgarei algún vídeo no que saian todas as mulleres do grupo, cal delas máis xenial.
E bueno, ó fin chegou a hora de marchar para a casiña a descansar para o día seguinte…
Pois siiii ¡ó fin conseguin subi-lo vídeo da rapa!
Anda que… xa case o dera por imposible despois do fracaso de onte, que despois de horas, cando xa case estaba… perdo a conexion con Internet brrr Xa me decidira a saltar o tema e pasar a falar directamente do Mundo Celta, e por iso subin un video relacionado co tema (mais curto que o da Rapa, que xa me tiña frita) pero logo de dar subido ese, pensei que igual hoxe o dia estaba favorable para subir mais videos e voilà! Xa teño o da Rapa recén subido tamén. Ahí o queda:
Bueno, vese algo chungo… jeje é que o grabei coa miña cámara de fotos, que non é aló moi boa …
A parte como é longo tíveno que comprimir moitísimo para subilo, pero bueno ahí queda para quen lle interese.
Foi grabado o sábado durante a desparasitación dos cabalos. O vídeo está grabado dende o punto de vista dunha persoa que non está moi metida no tema… vaia que eu vou alí para ver os cabaliños e tal jajaja non esperedes un documento explicativo do que é a Rapa en si. Saen cabalos do monte pero tamén algún cabalo doméstico que me pareceu bonito e incluín no vídeo. Un en concreto lémbrame moito ó afamado Mr Ed, porque ademais de ser de cor clara movía a boca como se falara.
Do que vin aló, gustoume especialmente o momento no que se achegan os cabalos todos xuntos ó curro, e bonito ver tanto cabalo en grupo.
E bueno, pois nada máis, agardo poder desfrutar mais desta festa en vindeiros anos, porque desta vez o domingo non puiden ir.
Hoxe levo medio dia durmindo, estou mallada, pero pagou a pena ir. Gustoume moito o lugar onde se fai a festa, o ambiente, a comida, todo! Agardo poder voltar o ano que ven porque xa lle tomei o gusto, a pesar do petate de camiño ata chegar aló pero bueno jajaja
Sain moi cedo da casa porque quería aproveitar a volta para visitar a Ponte Gundián (ou viaducto de San Xoán da Cova) para tirar unhas fotos (xa poñerei algunha noutra entrada) e non sabía se daría co sitio á primeira, que esa zona contróloa pouco. Pero logo foi ben doado porque a ponte xa se ve dende a N-525 así que fun sobrada de tempo.
Entón cheguei moi cedo a Carboeiro e adiqueime a pasear polo entorno e sacar fotos. O lugar é impresionante. Xa estivera unha vez no mosteiro pero ia con presa e non me echagara ó rio. Onte desfrutei moito do paseo. Encantoume verme rodeada de fraga; que morea de carballos! (e que como son da zona do eucalipto …XD) Fun a primeira en montar o posto de artesanía así que escollin lugar.
Á sombriña jeje
Mándolles un saúdo ós da organización, en especial a dous rapaces que me levaron no coche cando baixaba a costa cara ó mosteiro, que o camiño en coche parece menos longo, pero a pé haiche unha boa tirada jajaja
Máis tarde coñecín á peculiar Santa Ferreña e vin a procesión. Encantoume.
Fíxome gracia o detalle dos billetes jaja. O certo é que o curran moito, hai que darlle-la noraboa ós que fan posible esta festa.
A comida estaba moi boa, especialmente o queixo do postre, esqueceume preguntar de onde o tran porque me gustou moito (e iso que eu non son moito de queixo!)
Gustoume moito o ambiente en xeral. Gústame ver pandereteiras, e habia abondas! novas e vellas e todas moi boas. Gaiteiros non faltaron, pero tamén se escoitaban acordeóns, frautas …
Paseino moi ben escoitando ó contacontos e quedei prendada da voz da rapaza dos cantos galegos-guaranís; por riba nun marco tan espectacular como o fermoso mosteiro de Carboeiro.
En fin… que o ano que ven hai que voltar!
Velahí deixo un video-resumo do que puiden ver ese día. Non me quedei á noite, outra vez será… Está moi comprimido e as imaxes non son moi boas (a parte que o grabei coa cámara de fotos jaja) porque coa miña conexión de caracol levaríame séculos rematar de subilo; pero penso que vos daredes idea do que é, e os que participan cada ano igual ata se recoñecen jaja
Mañá ou pasado editarei esta entrada para incluir un video máis, desta vez cunha presentación de fotografías do entorno e da propia festa. Téñoo feito xa, pero botei medio día para subir os anteriores e a miña paciencia ten un límite jaja
E en vindeiros anos agardo voltar a desfrutar desta festa, algunha vez quedando uns días pola zona para desfrutar tamén das fermosas paisaxes do lugar, facer algo de sendeirismo e visitar moitos monumentos interesantes que sei que hai pola zona.
10.06.2008
Edito para incluir o enlace do vídeo prometido coas fotos do entorno do mosteiro de Carboeiro e algunhas dos IX Encontros de música tradicional: