Andaina a Santo André de Teixido.

Porque é unha rota interesante e bonita.

Porque está ben xuntarse para facer algo de deporte.

Porque o Santo André de Teixido é para Galicia o que Santiago de Compostela a Europa.

Porque irá de morto o que non foi de vivo …

Son estas unhas boas razóns para ir camiñando a Teixido. E por iso, este pasado sábado, varios pantinexos e achegados fomos en batallón dende a nosa parroquia ata as bravas (e fermosísimas) terras da Capelada.

Foi unha excelente excursión organizada pola Asociación de Veciños de Pantín. De seguro moitos agardan con impaciencia a próxima.

Velahí un vídeo-resumo da andaina:

E ahí vai outro con fotografías da excursión:

Se algúns dos participantes na andaina queredes copia dos vídeos e das fotos, pasade pola miña casa cun cd e grábovolo. Tamén lles darei un cd con todo ós da AVV por se lle lo queredes pedir a eles para copiar.

Procesión do día do patrón. Santiago de Pantín. 2008.

Recuncho máxico.

En Pantín ainda quedan recunchos libres de turistas en agosto. Hai que facer algo de deporte de risco para chegar iso si … :D

Pasando no tempo …

Unha imaxe do Google Earth e unha tira cómica de Xaquín Marín.

Morriña.

Para todos os galegos que están fóra da súa terra.

E en especial para os de Pantín.
 

O cruceiro.

Este cruceiro móvese moito jejeje

Imaxino que este emplazamento será o definitivo.

Coa igrexa.

A central hidroeléctrica das Ferrerías.

Canalizacións que veñen das Forcadas.

(Xa rebentaron algunha vez creando un espectáculo visual de auga tremendo jaja)

Roda dun muíño das Ferrerías.

Vista dende os Penidos.

Que dende os Penidos temos unha boa vista de Pantín é algo que todos sabemos, pero ademáis tamén se pode ver o embalse das Forcadas.

E se o día está claro, vese sen ningunha dificultade a cheminea da central térmica das Pontes; o Springfield galego para algúns.

No Alfunil.

Esta praia de coios está na desembocadura do río Alfunil (Ferreira, Ferrerías). Diante da pena furada.

Para acceder a ela é necesario que esté a marea baixa.

Río Maior e praia de Pantín.

« Entradas máis antigas