Pancho vai mellorando!

Imaxes de hoxe mesmiño, o Pancho divertindose ó lado da casa.

Fai vida normal. Non sabemos se coxeará cando lle haiba que quitar a férula que leva na pata, pero correr vai correr de tódolos xeitos, non hay máis que velo agora, e a ver quen o para!

Atropelan o teu can e desfanlle unha pata … ¿e despois qué? V

(Parte V) 

Xorden outros problemas a parte do principal.

Pasados uns días despois do accidente notamos un bulto no lombo do can. Co golpe do accidente formábaselle unha bolsa de líquido tremenda e había que quitarllo. Enchéronse bandexas de líquido.

Primeiro fóiselle quitando con xeringas, pero ó fin como era tanto déuselle un pequeno corte no lombo para vaciar e tamén para que fora saíndo o líquido sen chegar a formarselle globo.

Na seguinte foto vese unha calva na parte traseira do can. Foi onde o afeitaron para facerlle o corte.

Pancho, xogando no campeiro.

Gústalle estar ó fresco por iso se deita na terra; e non lle importa se a miña nai ten alí prantados crisantemos…

Cómo lle gusta andar na herbiña.

E bueno, a día de hoxe o can está ben, vaise recuperando pouco a pouco. Come ben, está contento… Na próxima visita á clínica haberá que quitarlle algo de líquido, pero ten pouquiño. E agardo se recupere totalmente da diarrea axiña jeje

Xa irei contando…

Atropelan o teu can e desfanlle unha pata … ¿e despois que? IV

(Parte IV) 

Hai que desplazarse co can á clínica a miúdo para facerlle as curas na clínica. Co tempo as visitas vanse espaciando.

Está ben estar presente no intre que lle fan as curas (se eres capaz de ver a ferida sen caer no chan) porque vas vendo a evolución. É incrible como se recupera, como vai cubrindo con carne nova os osos e lle vai saindo lentamente unha nova pel.

Sair co can á clínica tampouco é comodo, hai que desplazarse con el ferido no coche e levalo ben agarrado, levar auga e o que necesite. Cos medicamentos e os cambios na dieta non é raro que o can colla unha diarrea. Con isto mánchanse as mantas e todo. Veña a poñer lavadoras!

Hai que acostumarse ó cheiro da caca de can, ó cheiro da ferida que co tempo vai mellorando e case non se nota, pero ó principio é moooi forte … procurar que o can non se mova moito coa diarrea e non reparta pasteis por toda a casa, limpalo…

O Pancho mancou tamén o rabo e non o pode mover polo que cando vai defecar soe mancharse moitísimo (cando ten diarrea) polo que é necesario andar con toalliñas húmidas para quitar o mais gordo mentras no se lava. Hai que andar con toalliñas SEMPRE, posto que son útiles para limpalo a él, para limpase un mesmo, para limpar o que cae pola casa …

Pancho e eu no coche, de regreso da clínica:

Pouco a pouco notas que o can é moito máis áxil camiñando e de súpeto un día ves que logra baixar a escaleiras. Uns días despois tamén consegue subilas e ata sube e baixa el só do coche! Iso facilita todo moito, pero tamén hai que ter coidado de que non tolee porque bota a correr e quere facer vida normal, pero inda non ten a pata curada, pódese mancar. A partir de agora a usar a correa! (antes non era necesario neste caso porque Pancho non liscaba, a parte de que é bastante obediente e con dicirlle en tono tranquilo “Pancho ven”, el ven).

Foi incrible un dia que facía sol e o levei a un campo e o vin escorregar pola herba xogando como sempre o facía. Vino tan feliz! Voltaba a ser o can de sempre. A partir dese intre o can xa é o Pancho de antes, tan só hai que tratar de que curen os danos físicos canto antes porque emocionalmente atópase moi ben.

A pata día a día mellora moitísimo. A ver, é un proceso lento, pero para o que tiña vino evolucionar moi ben.

Sen embargo, xorden outros problemas. O can non vai de ventre, pasan dias e nada: toca medicalo. ¿Que pasou? Dun extremo foise ó outro. Por fin quitou o tapón pero seguidamente tivo unha diarrea impresionante da que inda non se recuperou de todo.

Buff! Non imaxinades o traballiño que deu, de verdade que non…

Pancho feliz no campeiro, xogando co meu pai.

Requerindo mimos.

Tódolos meus calcetíns horteras pasaron a ser de Pancho, tenos de Minnie, de Garfield… e que ven lle quedan os de Winnie de Pooh! jajajaja

As patiñas do Pancho, ¿non son bonitiñas?

Atropelan o teu can e desfanlle unha pata … ¿e despois que? III

(Parte III) 

Estando na casa e coidándoo notas como dun día para outro o can mellora bastante. O seu estado de ánimo é cada vez máis alegre.

Ademáis o can nota que o coidan ben e agradéceo.

Hai quen lle fai regaliños que el disfruta moito.

(Graciñas Eugenia)

Durante o día tiña a Pancho no cuarto que uso como taller porque así podía estar pendiente del mentres traballo coa miña artesanía e ademáis é un cuarto amplo no que o can podía levantar para estirarse e camiñar un pouco (non o facía moito xa que inda non estaba moi acostumado a camiñar).

Alí tamén están outras dúas mascotas: Pilla (unha chinchilla) e Samaín (un hamster). Pilla estivo flipada co can durante todo o primeiro día.

Durante as noites ó principio estaba no pasillo pero rematei por deixalo durmir no meu cuarto xa que co traballo de todo o día remataba moída e non escoitaba os reclamos do can se non o tiña cerca. O can bebe moita auga por mor dos medicamentos e cada vez que a remataba (tiña dous bebedeiros para el) choraba e tiñame que levantar a por mais. E o tema das cacas tamén o hai que controlar pola noite, ou que pensabades jaja

Fixome gracia un dia que andaba a ler e ó mirar para un lado vin ó can observandome e tirei esta foto:

Tamén lle hai que dar os medicamentos ás suas horas, que non son poucos, e ás veces non é fácil facerlle tragar as pílulas.

Atropelan o teu can e desfanlle unha pata… ¿e despois qué? II

(Parte II) 

Bueno, co can xa na casa toca estar pendiente del e coidalo moi ben. Tiven que cargar con el (e non é un yorkshire precisamente) cada vez que o tiña que sacar para que fixera as suas necesidades. Para iso tiña que subir e baixar escaleiras con el no colo (o bon é que aprendín a collelo como facía a rapaza que o atendía na clínica) e o Pancho a pesar de que está moi delgado porque perdeu moito peso co accidente (e nunca foi un can gordo) pesa e subir as escaleiras con él prende …

Hai que ter en conta que ten unha pata vendada cunha gran ferida e hai que coidar que non se manche nin se molle. Por iso cada vez que saio con el teño que poñerlle un calcetín, e se chove tamén un plastico debaixo do calcetín. Parece unha chorrada, pero a de lavadoras de calcetíns que puxen!

Hai que vixiar o que fai, se ten o collarín posto sintese algo mal polo que procuraba quitarllo a miúdo, pero iso require estar pendiente do que fai porque é capaz de desfacerse das vendas nun tris.

Outra cousa: o can fai caca e hai que limpala, que tomen nota os escrupulosos dese detalle porque non é plan deixar que o can faga iso e logo se vaia rebozar nela podendo manchar a pata mala.

Tamén procurei telo entretido e xogar máis con el do habitual para distraelo. Hai que ter en conta que o can ven dun gran shock, dun día para outro non logra camiñar ben e non pode correr e non sabe porqué.

Pancho aburridillo:

Tamén é posible que o can non queira comer ben, pero hai que tratar de que o faga porque despois de perder tanta sangue e tomar tantos medicamentos necesita estar alimentado. A el deulle por rexeitar a súa comida, tan só comía (e non moito) o pienso de Perecho (o meu gato)  que é o que se ve na foto, ou macarróns (tolea pola pasta! jaja).

Pero hai que tratar de que coma a sua comida que é o mellor para el. Intenteino de moitas maneiras (dándolla inflada con auga, mesturandoa con algo que lle guste…)

Atropelan o teu can e desfanlle unha pata… ¿e despois que?

(Parte I) 

Bueno, penso que igual isto lle pode servir de axuda a alguén e por iso o escribo.

Recentemente atropelaron o meu can, Pancho (unha cruza de pastor alemán) e desfixéronlle unha das patas traseiras. Ainda lembro como tiña a súa patiña feita un cristo e os malos augurios en canto a unha boa recuperación.

Barallábase a opción de durmilo claro, pero nós non queriamos mata-lo can. E algo que vexo moi ben cando un animal está moi enfermo e ten dor e non serve de nada conservalo con vida para que sufra, pero matalo por unha pata mala …

Pois decidimos facer o posible por salvalo inda que nos visemos na obriga de ter que amputarlle a pata. Os cans poden facer unha vida practicamente normal con 3 patas. Ó final non a perdeu e estamos moi contentos por iso. Non sabemos como  camiñará con ela, é posible que coxee (actualmente leva unha cánula de plástico mentres se recupera) pero a día de hoxe tal e como está camiña moi ben e ata corre e sube e baixa escaleiras.

Vou contar como foi todo dende o principio por se alguén se ve nunha situación semellante e lle sirve dalgo, xa que cando me sucedeu a min busquei coma unha tola información en Internet pero non atopei demasiada…

Se alguén no mesmo caso decide seguir adiante coa sua mascota, non o vou enganar, require bastante sacrificio para coidala, pero se quere ó seu animaliño vaino facer de boa gana.

Pois ben, todo comezou hai pouco máis dun mes, o día 22 de xaneiro. Era pola mañá cedo cando o atropelaron (inda por riba foi o coche do butano, co que pesa iso…).

A pata traseira dereita do can tiña múltiples fracturas, os dedos todos fora do seu sitio e unha tremenda ferida aberta. Os osos parecían a varilla dun paraugas cando fenden e cada unha tira para o seu lado. Ademáis ó frear o coche arrastrou o can e os osos quedaron amolados. Faltáballe moita carne e pel.

Na clínica veterinaria dixéronnos que o principal era conservarlle as almohadillas da pata para non ter que amputar, xa que sen elas o can non podería fincar.

Deixámolo alí ingresado 5 días e colocáronlle os osos e os dedos e uniron o que se puido a pel para que aquilo voltara a parecerse algo a unha pata.

Bueno outra cousa a ter en conta para facer iso é o custo económico que iso supón; claro que custa cartos, non é que sexa barato, pero nós non somo ricos e podemos afrontalo…

Durante os día que estivo ingresado fumos a velo de cando en vez, turnándonos xa que a clínica tampouco estaba ó lado da casa…

Panchiño o pobriño estaba cunha cara a primeira vez que o vin … regresei moi apenada á miña casa… Claro que era normal, con tanto medicamento, e a dor que debía ter …

Pero a seguinte vez que fun vino moito mellor e aledouse moito de verme e tiña outra cara. Ahí sentín que o esforzo estaba pagando a pena.

Por fin chegou o día de ilo recoller á clínica para traelo á casa. Teríamos que seguir acudindo á clínica para facerlle as curas (de feito inda seguimos a ir), pero o can xa podía estar na casa!

Ahí está o Pancho o primeiro día de regreso. Tiña unha cariña…

Sen o collarín estase moito mellor … jeje