De novo Ortigueira …

E que é para non parar de tirarlle fotos!

 

Cemiterio.

Este cemiterio está próximo a O Carballiño. Non estou segura de se pertence ó concello ou non, tan só sei que está moi cerca.

É dos cemiterios que máis me impresionou ata o de agora dos que levo visto en Galicia.

Se alguén sabe o nome ou calquera dato do mesmo que mo diga por favor, gustaríame saber máis del. Atopeino de casualidade cando ía de pasada pola zona.

Outra de cemiterios.

Cedeira.

Betanzos.

Pois máis de cemiterios…

Bueno Goiriz, inda tiña outra foto do teu cemiterio jaja

E o outro que che dicia que non me saia o nome é o de Buriz, que pertence ó concello de Guitiriz, e por alí case todo remata en -iz.

Estas fotos tíñaas esquecidas que non me gustaron moito.

Probar probei de moitas maneiras, a seguinte quiteilla mentres andabamos por unhas leiras colindantes a buscar un petroglifo (que por certo, non atopamos jaja)

Cemiterio.

¿Alguén dubida da fermosura dos cemiterios da Terra Chá?

E de novo unha de cemiterios …

Anxo do cemiterio de Ortigueira.

Este cemiterio é o que máis me gusta dos que teño máis próximos ó meu domicilio.

Outra de cemiterios.

Anxo do cemiterio de Ortigueira.

Este panteón é impresionante, xa só por velo merece a pena a visita ó cemiterio.

No cemiterio de Cariño.

No cemiterio de Viveiro.

Vai unha de cemiterios …

Non sei cal é a razón, pero xa dende nena me atraian poderosamente os cemiterios e sobre todo este, na parroquia de Loira, de donde é natural a miña nai.

Está ó lado da antiga igrexa, hoxe en día abandoada xa que cando fixeron o trazado que leva a auga dende As Forcadas ata Ferrol, pasárono por alí …

En fin, non vou falar desa xenial idea porque non me quero cabrear…

Na actualidade o novo cemiterio está situado ó lado da nova igrexa, moi fea por certo, pero que contén o antigo retablo, que é digno de ver.

Cemiterio de Loira

A tradición de decorar as tumbas con cunchas:

Detalle do cemiterio de Loira.