De novo a mariña lucense…

Bueno eu parece que non fago outra cousa que ir por esa zona pero é que me gusta moito, que lle vou facer…
En fin, fotos no Souto da Retorta (Chavín. Viveiro) e na praia de Viveiro. Ó final saen un par de fotos dunha aldeiña que agora non me acorda o nome, está pouco antes de chegar a Viveiro vindo do lado da Coruña, onde se colle o desvio para ir ó parque etnográfico do cargadoiro de minerais.

Hoxe pensaba ir ver o pasarrúas do Samahín en Cedeira, pero comezou a chover de tal maneira e facía tanto frío que me rendín. A ver se para o ano por fin… jeje

Bueno, o vídeo:

Recuncho máxico.

En Pantín ainda quedan recunchos libres de turistas en agosto. Hai que facer algo de deporte de risco para chegar iso si … :D

O Pasatempo.

Eche ben certo que ó que non quere unha cunca de caldo dánselle dúas. Non había nin unha semana que fora a Carboeiro, e a min o de conducir ata Santiago desfaime. Pois onte de novo volvín ata alá porque me chamaron dunha tenda para facer pedido e con isto da folga dos transportistas decidin levalo eu mesma (ata o de aquela non pensei que a folga me fora a afectar o mais minimo jaja)

Pois xa de paso quixen aproveitar a volta e de regreso parei en Betanzos para pasear polo Pasatempo, que xa facía anos que non ía. Foi un gustazo porque estaba moi bo dia e como era a hora de xantar o parque estaba practicamente valeiro (en todo o recinto cruceime con so 5 persoas). Enchinme a sacar fotos e mais fotos, teño tantas, que dubidei cales ia poñer eiqui e ó final quedei con estas:

Un refuxio á sombra:

A entrada vista dende a ponte que une o parque novo co antigo:

Unha estatua moi sexy:

As covas:

Deseguro que do mais “afotado” do parque:

Co rei:

Tartarugas ó pil pil:

Cisnes, parrulo e oca:

Os parrulos tan colocadiños que case semellan de mentira:

Cunha rosa.

Foi moi agradable a visita ó parque, cansei de pinta-la mona na zona vella coas figuras dos camelos, o buzo, o leon …, paseino moi ben cos animaliños e desfrutando da paisaxe. Está todo moi coidado. Encantáronme as tartarugas gordas do estanque de Salomon e estiven un bo anaco ollando como tomaban o sol.

E quedei entusiasmada co parque biosaludable. É como un ximnasio ó aire libre. Os aparatos estaban xenial. Eu quero un en Pantín!!!

Ponte de Gundián – Viaducto de San Xoán da Cova.

Pois como avanzaba no post de Carboeiro, quixen aproveitar a viaxada para visitar a Ponte Gundián, non Concello de Vedra.

Facía moito tempo que tiña ganas de vela porque a teño atopado nalgúns folletos turísticos e chamábame a atención; e desta vez parei a botar un ollo.

Dei co lugar fácilmente porque a ponte xa se albisca dende a N-525, indo cara a Silleda queda á esquerda, indo cara a Santiago, pois á dereita. Está á altura de Ponteulla.

Gustoume esta vista do río Ulla e ese piñeiro.

Teño que voltar ó lugar porque había moito que ver por alí, pero ese día tan cedo (eran as 8 da mañá ou por ahí) facía un frío que non se aguantaba e deixei a visita á ermida e á beira do río para outra ocasión.

A néboa por riba da ponte. Detrás estaría o túnel.

O cartel do mirador que te recibe ó chegar:

Hai paneis explicativos no lugar, con rutas de sendeirismo, e un que fala sobre a ponte que conta con fotografías moi interesantes de cando se construíu, pero non colgo as fotos no blog porque algo haberá que deixar para que descubrades vós mesmos…

Bechiños.

Cando ando polo extremo Norte do pais sen moito que facer, tírolles fotos ós insectos que abondan na zona e así entretéñome (mentres algún non me dé un picotazo que abellas inda vo-las hai!)

A bolboretiña da seguinte foto tívena unhas cantas veces na man. É unha sensación moi agradable, inda que non conseguín captar a foto do momento porque non paraba moito jeje

“Xoaniña voa, voa!

que che hei dar pan de broa!”

 

Oh l’amore!

Ahí quedan unhas leccións de kamassutra insectil…

 

Atopeille camiña a unha das miñas nenas.

De paseo!

Hoxe fun de paseo por terras orteganas.

Na praia de Morouzos atopeime con este golfiño morto. Non sei o tempo que levaría ahí. Quizáis chegou co forte temporal que tivemos estos días pasados.

Despois de camiñar un bó anaco pola praia (e case sair voando co forte vento que facía) decidín achegarme á Lagoa de San Martiño.

Era a primeira vez que a ía ver pois, a pesar de ter ido incontables veces á praia de Morouzos nunca me achegara á lagoa.

O lugar encantoume e xa estou desexando voltar.

Estiven a ler os paneis que hai no sendeiro que explican o proceso de rehabilitación da lagoa, pois esta levaba tempo facendo de escombreira do pobo, ata que se decidíu recuperala. Foi un traballo de rexenaración xenial e ata lle deron un premio.

Nun dos accesos á praia de Morouzos hai un panel coa lenda desta lagoa, que ven sendo moi semellante á da nosa lagoa de Pantín, onde está asolagada Lucerna. Pois alí está asolagado o pobo de San Martiño.

Hoxe, ademáis da fermosa lagoa puiden ver unha garza enooooorme. Non contaba con iso así que non ía preparada para tirarlle unha foto. Pero eu vina, que é o que conta jaja

Valdoviño, Cedeira …

En Pantín ás veces pasamos de ter unha ponte a ter un pantalán …

Pantalán nas Forcadas.

Faro na ría de Cedeira.

Garita de Herbeira.

A Capelada.

Praia de Vilarrube.

De novo Ortigueira …

E que é para non parar de tirarlle fotos!

 

« Entradas máis antigas