Onte queixabame de que con este clima que nos gastamos non podia sair a pasear e hoxe aproveitando a tregua co tempo (para mañá disque xa volta a revirarse) saín coma un foguete cara a Cedeira a pasear polo porto. Pois por riba había sorpresa. Non sabía que estaba alí un veleiro clásico recuperado (pertence á empresa Acquavisióngalicia S.L.) que co patrocinio da Deputación da Coruña leva unha interesante exposición itinerante sobre a vida dos cetáceos de Galicia e a biodiversidade do medio mariño que os rodea.
A visita é gratuita e o horario é de 4 a 8 da tarde se non lembro mal.
Velahí está o veleiro-museo, algo máis atrás do Narducho:

O veleiro-museo:

Cráneo de arroaz, unha mostra do que se pode ver na exposición:

Espectacular cráneo de balea; “rorcual alibranco”

Por certo, recuperado dunha balea varada na Frouxeira.

A exposición conta con moita información en paneis e tamén cun vídeo coa historia do veleiro.

Feto de golfiño. Recuperado da súa nai varada.

Tartaruga recollida viva pero que logo non sobreviveu. Foi atopada envolta nesas redes. É importante non desbotar as redes vellas ou rachadas polo borda, logo pasan estas cousas. Así como tampouco se deben tirar plásticos e refugallos no mar; os animais confúndenos con alimento.

Hai cousiñas curiosas como aceite de balea, xabón, ou unha escoba feita coas suas barbas …
En fin, apoveitade a ocasión, e non perdades a exposición.

