Golfiños Na Proa. Exposición itinerante. En Cedeira.

Onte queixabame de que con este clima que nos gastamos non podia sair a pasear e hoxe aproveitando a tregua co tempo (para mañá disque xa volta a revirarse) saín coma un foguete cara a Cedeira a pasear polo porto. Pois por riba había sorpresa. Non sabía que estaba alí un veleiro clásico recuperado (pertence á empresa Acquavisióngalicia S.L.) que co patrocinio da Deputación da Coruña leva unha interesante exposición itinerante sobre a vida dos cetáceos de Galicia e a biodiversidade do medio mariño que os rodea.
A visita é gratuita e o horario é de 4 a 8 da tarde se non lembro mal.
Velahí está o veleiro-museo, algo máis atrás do Narducho:

O veleiro-museo:

Cráneo de arroaz, unha mostra do que se pode ver na exposición:

Espectacular cráneo de balea; “rorcual alibranco”

Por certo, recuperado dunha balea varada na Frouxeira.

A exposición conta con moita información en paneis e tamén cun vídeo coa historia do veleiro.

Feto de golfiño. Recuperado da súa nai varada.

Tartaruga recollida viva pero que logo non sobreviveu. Foi atopada envolta nesas redes. É importante non desbotar as redes vellas ou rachadas polo borda, logo pasan estas cousas. Así como tampouco se deben tirar plásticos e refugallos no mar; os animais confúndenos con alimento.

Hai cousiñas curiosas como aceite de balea, xabón, ou unha escoba feita coas suas barbas …

En fin, apoveitade a ocasión, e non perdades a exposición.

Ría de Cedeira.

Bueno estos días como o tempo non acompaña para sair de paseo e me anda comendo o demo na casa, parece que non fago outra cousa mais que subir vídeos de fotos de paseos varios…
Pois así é, ahí vai outro… desta volta son fotos da ría de Cedeira sacadas dende o lado deles, polo que se ve tamén a zona pantinexa, sobre todo a Punta Chirlateira. Eu case son chirlateirana (¿ou chirlateirense?) xa que non hai moita distancia dende a miña casa a ese lugar.

Malvela en Ortigueira. O Pirimpimpín!

Bueno, prometera subir algo máis de Malvela. Ahí esta unha parte (o final máis concretamente) do famoso Pirimpimpín. Foi no festival de Ortigueira (Mundo Celta) deste ano.

De novo a mariña lucense…

Bueno eu parece que non fago outra cousa que ir por esa zona pero é que me gusta moito, que lle vou facer…
En fin, fotos no Souto da Retorta (Chavín. Viveiro) e na praia de Viveiro. Ó final saen un par de fotos dunha aldeiña que agora non me acorda o nome, está pouco antes de chegar a Viveiro vindo do lado da Coruña, onde se colle o desvio para ir ó parque etnográfico do cargadoiro de minerais.

Hoxe pensaba ir ver o pasarrúas do Samahín en Cedeira, pero comezou a chover de tal maneira e facía tanto frío que me rendín. A ver se para o ano por fin… jeje

Bueno, o vídeo: