Praia de San Román (O Vicedo)

Unha praia que me gusta moito.
Sempre a vía dende a estrada cando ía cara o lado de Viveiro, ata que un día hai un par de anos fun co meu mozo. Encantounos.
Este é un vídeo con fotos desa praia:

4 Comentarios

  1. oconfidencial dixo,

    Novembro 4, 2008 a 6:13 am

    Ola Fati!

    Gústoume moito o video, lembrame o de certo rapaz da vila que vin no you tube.

    Por certo Fati, o sábado non andarias pola vila a iso da 11:30- 12 e que vin unha rapaza que se che parecia moito, a ver se ias ser ti!

    Un saudo!

  2. Fátima dixo,

    Novembro 4, 2008 a 7:25 pm

    Ola!
    Vin que mudache a WP, ó final non sei como é que todos rematamos por aquí jaja, o certo é que WordPress vai bastante ben, ten os seus pequenos erros, por exemplo hoxe non conseguin poñer o enlace do teu blog ata a terceira, (cando disque vai a vencida jaja) e pequenos erros asi, pero en xeral non hai problema.
    Como falas dun vídeo dun rapaz da vila, andiven rebeirando polo YouTube e supoño que te refires a algún video de Berto non? Eu non dou visto moitos vídeos porque coa miña conexion tírome horas para que se carguen e ese inda non o vin (por certo, buscar cousas de Cedeira no YouTube dá algo de medo jajajaja, aparecen cousas que só polo título é para temblar jaja) Agora que tamén teño portátil teño que ver de conectarme onde teñan wiffi con boa velocidade pa poder velo todiño jeje
    E sí que andaba por Cedeira o sábado pasado desas horas. Se a rapaza que viches ía de negro posiblemente fora eu. Contaba voltar pola noite por iso do Samahín peeero, menudo clima … quedei na casa.
    Saúdos.

  3. oconfidencial dixo,

    Novembro 5, 2008 a 8:24 pm

    Ola!

    Ao final, tes razón, todos rematamos por estes lares, eu maís que nada porque estaba a recibir entre 50 e 60 mensaxes de spam todolos dias e os da blogoteca non estaban moito pola laboura de axudarme, pero o final todo rematou ben, polo menos para min!
    Si refirome ao video dese rapaz, amitouseme un chisco ao teu, pero so un chisco! : )

    Por certo, non podes imaxinar todo o que un pode atopar sobre a vila, dende rapazas rindose dunha muller no xarmolo a rapaces agredindo a un home, eses xa os retiraron, pasando claro está polos típicos videos vacacionais, eses xa me resultan insufribles!

    Pois vai ser que si eras ti, non te maxinaba tan alta, tampouco me deu tempo a dicirche nada, ias como un lóstrego!

    Eu tentei ir o samaín, pero tiven problemas co portatil, estaba a meterlle o Ubuntu, fixo imposible ir a hora, ainda que polo que parece, o tempo non acompañou,.iso si, pola noite andiven de troula pola zona vella, ainda queda algún sitio interesante!

    Pois nada rapaza, xa me pasarei máis a miudo polo teu blogo, que parece estar bastante ben!

    Unha aperta!

    En ca

  4. Fátima dixo,

    Novembro 6, 2008 a 2:01 am

    Non che son moi alta, como 1′61 ou 1′62 m. Eche un efecto óptico según a roupa que teña posta jajaja
    E sí, seguramente ía con moita presa, porque foi un día (ou polo menos unha mañá) bastante estresante jaja
    Bueno igual ata nos vemos un día por ahí logo.
    Apertas.


Deixar un comentario