X Mostra Etnográfica de Cabalar (A Capela) 2008

Este pasado domingo paseino estupendamente neste evento ó que acudía por primeira vez.
Celébrase nun lugar moi fermoso: o entorno da igrexa de Santa María de Cabalar.

Na mañá o tempo estivo moi revolto. Na seguinte foto vese o ceo cuberto… ós poucos minutos de sacala xa comezou a chover… parecía que o día non ía abrir pero despois de comer o ceo abreu e ata fixo calor.

Durante a mañá, un grupo de vehículos históricos percorreron A Capela. Logo todos puidemos contemplalos na festa.

Na mostra había varios artesáns. Sei que á maioría non lles gusta que lles saquen fotos asi que como mostra tan só vou poñer os atarecos do serrachín:

Para ver ó resto dos artesáns… pois acudide ó evento o ano que ven!

Ademáis do serrachín, había fiadoras, unha artesá co seu tear, unha artesá de traxes tradicionais, artesáns da madeira e canteiros, artesáns do mel e derivados, etc Bueno, non incluio foto do meu posto porque xa o teredes moi visto, eu traballo básicamente con arxila polimérica. Tamén estaba a agroalimentaria do Eume.

Logo chegou a hora do xantar, esqueceume preguntar quen era o que asou o churrasco pero estaba boísimoooooo. E dío unha persona que non é especialmente aficionada ó churrasco. Pero estaba… ñam ñam! que ricooooooo.

A festa estivo amenizada coa música de Manolo de Viveiro, gran animador él. E tamén co grupo de música tradicional Os Suplentes de As Pontes. Menuda festa se montou na sobremesa. As cantigas populares (algunhas bastante picaronas :D ) deron paso tamén ós bailes.

Logo había programada unha visita ó Muíño do Barreiro, que non quedaba excesivamente lonxe do lugar da festa e, como non, eu tamén me apuntei. Foi un bonito paseo a pé por un camiño fermoso. Non dubido de que voltarei por alí. Paga a pena.

Foi unha fermosa excursión, ademáis ¡acompañada de gaitas!, que máis se pode pedir? Dende logo a min fascinoume!

Indo cara o muiño.
Indo cara o muíño.

 A medio camiño fixemos unha pequena parada xa que xurdíu un pequeno debate micolóxico.

¿Era comestible ou non?

Pois si que o era. Inda que como dí Xusto: Tóda-las setas son comestibles, o que pasa é que algunhas tan só as comes unha vez…

Ó fin chegamos ó muíño.

Os intrépidos excursionistas chegando ó muiño.
Os intrépidos excursionistas chegando ó muíño.
Muiño do Barreiro
Muíño do Barreiro

 Unha vez na meta, algúns de nós seguimos avanzando algo máis. Tamén os músicos; pero esta parte do camiño era algo máis complicada e houbo que aparcar os instrumentos, que durante un anaco, ficaron a xeito de postal adornando o xa de por sí fermoso entorno.

Tramo do rio con recheo de coios enormes.
Tramo do río con recheo de coios enormes.

E agora en fila de a un …

Seguindo o canal do muiño.
Seguindo o canal do muíño.

Encantoume este lugar no que as rochas presentaban unha vestimenta a base de vexetación:

De volta ó muiño.
De volta ó muíño.

Continuará…

Inda falta máis relato, máis fotos e algún vídeo.

Continúo á noite para non seguirlle a restar tempo ó traballo, que estos días estou que non dou feito e necesito a luz solar para avanzar.

Bueno hoxe 22 de setembro (ou 23 que xa é de madrugada) ó fin edito isto para inclui-los videos que non insertei na entrada esta por falta de tempo…

 


Visita ó muíño do Barreiro e xogo de baile coa escoba que ninguén quería (o que queda con ela perde).

Edito a 30 de outubro de 2008 para engadir o derradeiro video (o pouco que puiden grabar da malla) por non podelo subir antes. Velahí vai:

2 Comentarios

  1. xose cheda dixo,

    Setembro 18, 2008 a 10:42 am

    Ola Faí, bonito lugara para facer senderimos.

    ¡AH! Lembrate que este sábado día 20 de setembro, terá lugara na parroquia de Santo Adrián de Veiga (Ortigueira), a “ROMAXE DO CASÓN” .

    UIn saúdo

  2. Fátima dixo,

    Outubro 30, 2008 a 9:47 pm

    Vaia, despisteime e non vira este comentario. Non puiden ir nesa ocasión unha mágoa, espero poder ir a próxima. Saúdos.


Deixar un comentario