Las Dos En Punto.

Bueno xa voltei de Pardiñas e entreguei un pedido que me estaba a facer a vida imposible (dahí o pouco movemento do bloguiño estos días) e parece que xa respiro máis tranquila inda que con traballo dabondo, pero bueh, estou acostumada a traballar baixo presión :D

En fin, o caso é que hoxe aproveitando a volta a Santiago fun a dar un paseo pola Alameda e como todo turista que se precie, tirei unha foto das e coas Marías. Bueno, en realidade con unha delas, que a outra non cabía na foto xa que utilicei o socorrido método de estiramento de brazo para sacala jajaja

Para quen non saiba quenes son estas mulleres nestas estatuas representadas, poden ler eiquí:

http://santiagodecompostela.vivelaciudad.es/2006/10/24-las-dos-en-punto

Pero, eiquí atoparedes algo moito máis interesante sobre o tema:

http://www.elpais.com/articulo/Galicia/verdad/Marias/elpepiautgal/20080417elpgal_22/Tes

 

2 Comentarios

  1. xose cheda dixo,

    Agosto 13, 2008 a 9:34 am

    Eu coñecinas persoalmente no ano 1981, pasaban polo Franco tódolos días ás dúas en punto, eran, moi peculiares.
    Un saúdo

    http://www.blogoteca.com/xosecheda

  2. Fátima dixo,

    Agosto 14, 2008 a 7:51 pm

    Sí, disque si eran moi peculiares. Eu no 81 inda era unha nena da teta, pero a popularidade desas mulleres chega ata agora.
    Saudiños.


Deixar un comentario