Por fin, por fiiiiiiiin …

Pois siiii ¡ó fin conseguin subi-lo vídeo da rapa!

Anda que… xa case o dera por imposible despois do fracaso de onte, que despois de horas, cando xa case estaba… perdo a conexion con Internet brrr  Xa me decidira a saltar o tema e pasar a falar directamente do Mundo Celta, e por iso subin un video relacionado co tema (mais curto que o da Rapa, que xa me tiña frita) pero logo de dar subido ese, pensei que igual hoxe o dia estaba favorable para subir mais videos e voilà! Xa teño o da Rapa recén subido tamén. Ahí o queda:

Bueno, vese algo chungo… jeje é que o grabei coa miña cámara de fotos, que non é aló  moi boa … :D

A parte como é longo tíveno que comprimir moitísimo para subilo, pero bueno ahí queda para quen lle interese.

Foi grabado o sábado durante a desparasitación dos cabalos. O vídeo está grabado dende o punto de vista dunha persoa que non está moi metida no tema… vaia que eu vou alí para ver os cabaliños e tal jajaja non esperedes un documento explicativo do que é a Rapa en si. Saen cabalos do monte pero tamén algún cabalo doméstico que me pareceu bonito e incluín no vídeo. Un en concreto lémbrame moito ó afamado Mr Ed, porque ademais de ser de cor clara movía a boca como se falara.

Do que vin aló, gustoume especialmente o momento no que se achegan os cabalos todos xuntos ó curro, e bonito ver tanto cabalo en grupo.

E bueno, pois nada máis, agardo poder desfrutar mais desta festa en vindeiros anos, porque desta vez o domingo non puiden ir.

Deixar un comentario