Festival de Ortigueira (Mundo Celta) 2008 Imos por partes…

Xoves

Bueno, chega a mañanciña do xoves e Fátima (ou sexa eu) sae da casa cedo con toda a ansia para ir montar o postiño no festival. O ano pasado pensaba que era unha esaxerada indo ás dez (por iso de recoller a acreditación) tendo en conta que se montaba a partir das doce… pero como cando cheguei xa había cola, este ano madruguei ainda máis e… puideno evitar a verdade …
O primeiro que vin ó chegar a Ortigueira foi a peazo noria que montaron este ano:

Nada máis chegar á zona do festi xa me atopei con Luciano, un colega posteiro do ano pasado e despois das típicas preguntas de como vai todo e que tal a muller e o mozo e tal… agardamos a que abriran a caseta e nos deran o noso (previo pago de 50 eurazos; porque si… subiron a cota como non! jajaja) Non tardou moito en aparecer Marta, tan simpática coma sempre, que encanto de rapaza! que este ano pillou caseta e nos fixo un gran favor a nós deixandonos gardar alí as cousiñas e aturándonos (ten o ceo gañado).
O caso é que este ano ademáis de subir a cota, marcáronnos o espazo onde nos tiñamos que colocar. O primeiro que vin ó chegar ó recinto foi uns espazos marcados e numerados no chan, e pensei (medio en coña) que serían os lugares para colocarnos, pero ó instante dixen, que va! que vai ser para iso! Pois era! si señor! Xa comezou o nerviosismo entre os posteiros jejeje
Tocoume o número 18, un número de por si bonito verdade? Pero o lugar non me chistaba nadiña porque este ano fixo un vento que non se aturaba, pero ese non era o meu principal problema o xoves porque… un anaco mais tarde comezou a chover dunha forma desmesurada, parecía que estabamos en xaneiro, vaia chuzos!
Pois pasei a tarde con Marta na caseta pregando porque rematara de chover, pero nada…
Despois recollin os bártulos e tirei para o coche para deixalos alí e voltar para ver o concerto de Malvela. Vaia odisea… Chovía con tanta forza! Alá vou eu empurrando o carriño costa arriba e cunha saia longa que me ía pisando ó camiñar. Ó final cansa de pisar nela fíxenlle dous nós e tira pa diante! Chegando a terreo chan atopo un todoterreo chantado no medio da beirarrúa. Era dunha señora dun establecemento comercial do pobo, e díxenlle se o podía apartar e dixo que sí (xa jodería que dixera que non, tal e como o tiña aparcado) Pesoume tanto…
A ver o meu carro ben podía baixar a beirarrúa en caso de apuro, pero como me dixo que o ía a apartar alí me quedei agardando a que o fixera mentres ela e outra rapaza ¡lle vendían un chubasqueiro a un rapaz! manda narices! Que ou moi ben estaba o tipo e non me fixei, ou non sei para que fan falla duas persoas para iso… Xa andaba mosqueada (hai que ter en conta que agardei tranquilamente 10 minutos cunha molleira enriba de narices) e por fin se dignaron a partar o cacharro do meu camiño. Bueno a seguir ata o coche, vaciar todo e voltar.
Levaba roupa para cambiarme (era por mor de que fixera frio, que contar non contaba pillar tal molleira) e co pantalonciño seco e unha camiseta dos da Fundación Ortegalia que merquei, sentinme renovada. Con esas novas enerxías fun a ver o concerto das Malvela.

Malvela

Nun episodio dunha serie da galega que non perdía (Padre Casares), unha das protagonistas falando das Malvela di que son unha mulleres de Mos moi divertidas e, abofé que o son!

Mereceu a pena a molleria e a desesperación por poder ver o concerto, que ben o pasei!

Ahí deixo un videíño dun momento no que Silvina, unha das compoñentes do grupo se marca unha rumba animando ó público. Foi xenial.

 

Quero deixar constancia de que todo o grupo é xenial. Colgo o vídeo de Silvina porque foi un momento divertido que agradecín moito despois dun longo día bastante desastroso, pero todas as mulleres do grupo son xeniais, así como tamén os músicos que tocaban con elas.

Cando teña outro intre para subir cousas ó YouTube (xa sabedes que a miña conexión non me permite subir tanto como quixera) colgarei algún vídeo no que saian todas as mulleres do grupo, cal delas máis xenial.

E bueno, ó fin chegou a hora de marchar para a casiña a descansar para o día seguinte…

Deixar un comentario