Bueno estou cansa de verdade. Inda non me dei recuperado do Mundo Celta (e iso que o sábado pedín papas e non fun, quedei na casiña a descansar… mimá!!! que vella vou! jajaja) Teño varias cousas pendentes para subir ó blog, como por exemplo o vídeo da rapa. E gustaríame facelo por orde. Sigo sen ter demasiado tempiño, a ver como fago…
Este ano o festival de Ortigueira foi medio raro, cambiaron varias cousas (eu sempre falo dos festis dende o punto de vista dos artesáns que imos a vender alí, polo que no demáis, o resto da xente non tivo porque notar nada diferente). Tivemos un clima medio chungo, o xoves foi demasiado… vaia xeito de chover! Pero bueno, está ben mollarse inda que só sexa para lamentarse cos colegas de festis que se ven de ano en ano jajaja Hai que buscarlle o lado divertido.
Bueno, xa irei subindo as cousas que teño que subir pouco a pouco; polo momento vou deixar eiquí o enlace a unha nova páxina onde colgo as fotos que máis me gustaron, ou significaron algo para min das que fun sacando ultimamente. Procurarei ir actualizando.
http://fatigalicia.deviantart.com/gallery/
E procurarei sacar tempo para ir actualizando o bloguiño tamén, como non
