Tou mallada.

Buff inda non me recuperei. O luns fun a Lugo na procura de material para traballar e pateei tanto que onte non me daba movido. Tiña os brazos e as pernas coma se fosen de pau. Ainda ando medio chunga hoxe pero non me queda mais remedio que traballar, porque vou contrareloxo asi que as poucas fotos que tirei por ali vounas colgar noutro momento que non dou feito. Case estiven por colgarlle ó blog o cartel de “Cerrado por vacacións” (que vacacións mais ben non, que me dera! senon traballo a esgalla jaja) pero penso que malo será que algún día non saque tempo para pasarme por aqui. Ademais, ¿Íame resistir a comentar algo sobre o Mundo Celta? Sei que non jaja.

Bueno me parece que este sábado hai sardiñada (ou algo asi porque con isto das folgas non sei se habera sardiñas ou que) en Pantín. Non sei se poderei ir, heino intentar, pero avisados quedan os que non o saiban.

Por outra banda achegase a rapa na Capelada. Os dias 27, 28 e 29 de xuño. Xa falarei do tema con mais profundidade noutro intre no que ande mais dasafogada, porque empregando a frase que mais utilizo ultimamente: Non dou feitooo!

Deixar un comentario