Eche ben certo que ó que non quere unha cunca de caldo dánselle dúas. Non había nin unha semana que fora a Carboeiro, e a min o de conducir ata Santiago desfaime. Pois onte de novo volvín ata alá porque me chamaron dunha tenda para facer pedido e con isto da folga dos transportistas decidin levalo eu mesma (ata o de aquela non pensei que a folga me fora a afectar o mais minimo jaja)
Pois xa de paso quixen aproveitar a volta e de regreso parei en Betanzos para pasear polo Pasatempo, que xa facía anos que non ía. Foi un gustazo porque estaba moi bo dia e como era a hora de xantar o parque estaba practicamente valeiro (en todo o recinto cruceime con so 5 persoas). Enchinme a sacar fotos e mais fotos, teño tantas, que dubidei cales ia poñer eiqui e ó final quedei con estas:
Un refuxio á sombra:

A entrada vista dende a ponte que une o parque novo co antigo:

Unha estatua moi sexy:

As covas:

Deseguro que do mais “afotado” do parque:

Co rei:

Tartarugas ó pil pil:

Cisnes, parrulo e oca:

Os parrulos tan colocadiños que case semellan de mentira:

Cunha rosa.


Foi moi agradable a visita ó parque, cansei de pinta-la mona na zona vella coas figuras dos camelos, o buzo, o leon …, paseino moi ben cos animaliños e desfrutando da paisaxe. Está todo moi coidado. Encantáronme as tartarugas gordas do estanque de Salomon e estiven un bo anaco ollando como tomaban o sol.
E quedei entusiasmada co parque biosaludable. É como un ximnasio ó aire libre. Os aparatos estaban xenial. Eu quero un en Pantín!!!
