Ponte de Gundián – Viaducto de San Xoán da Cova.

Pois como avanzaba no post de Carboeiro, quixen aproveitar a viaxada para visitar a Ponte Gundián, non Concello de Vedra.

Facía moito tempo que tiña ganas de vela porque a teño atopado nalgúns folletos turísticos e chamábame a atención; e desta vez parei a botar un ollo.

Dei co lugar fácilmente porque a ponte xa se albisca dende a N-525, indo cara a Silleda queda á esquerda, indo cara a Santiago, pois á dereita. Está á altura de Ponteulla.

Gustoume esta vista do río Ulla e ese piñeiro.

Teño que voltar ó lugar porque había moito que ver por alí, pero ese día tan cedo (eran as 8 da mañá ou por ahí) facía un frío que non se aguantaba e deixei a visita á ermida e á beira do río para outra ocasión.

A néboa por riba da ponte. Detrás estaría o túnel.

O cartel do mirador que te recibe ó chegar:

Hai paneis explicativos no lugar, con rutas de sendeirismo, e un que fala sobre a ponte que conta con fotografías moi interesantes de cando se construíu, pero non colgo as fotos no blog porque algo haberá que deixar para que descubrades vós mesmos…

2 Comentarios

  1. goiriz dixo,

    Xuño 11, 2008 a 6:53 pm

    En algunas vistas parece Ronda. Só falta que seipamos vendernos…

  2. Fátima dixo,

    Xuño 11, 2008 a 7:21 pm

    É máis bonito Gundián onde vai parar! XD XD XD
    Bueno, en serio… Ronda é máis antigo e está moi ben, pero San Xoán da Coba tamén ten o túnel e é a meca do puenting galego (non sei se o de Ronda serve para iso de tirarse del porque non é tan aberto). E as vistas de Gundián dende o río Ulla (das que non dispoño de foto) son espectaculares jeje
    O mirador ademáis non é o mellor lugar para observar o cañón… e a vista frontal da ponte esta é verdadeiramente moi bonita, para outra vez queda afotala. Non vou dicir que é mellor nin peor que o de Ronda, cada un ten o seu particular encanto, pero o noso Gundián é unha maravilla jejeje
    Bueno buscaba unha foto da vista que me gusta e case todas son dende o miradoiro jaja, pero bueno ahí vai unha que mais ou menos: http://es.geocities.com/raiceiros/mougan26.jpg
    O que me gusta de Ponte Gundián é que se ve perfectamente o cañón e en Ronda, a ponte é máis espectacular, pero (baixo o meu punto de vista) restanlle espectacularidade ó cañón.
    Nota: busco traballo como conselleira de turismo non se nota? XD


Deixar un comentario