Hoxe levo medio dia durmindo, estou mallada, pero pagou a pena ir. Gustoume moito o lugar onde se fai a festa, o ambiente, a comida, todo! Agardo poder voltar o ano que ven porque xa lle tomei o gusto, a pesar do petate de camiño ata chegar aló pero bueno jajaja
Sain moi cedo da casa porque quería aproveitar a volta para visitar a Ponte Gundián (ou viaducto de San Xoán da Cova) para tirar unhas fotos (xa poñerei algunha noutra entrada) e non sabía se daría co sitio á primeira, que esa zona contróloa pouco. Pero logo foi ben doado porque a ponte xa se ve dende a N-525 así que fun sobrada de tempo.
Entón cheguei moi cedo a Carboeiro e adiqueime a pasear polo entorno e sacar fotos. O lugar é impresionante. Xa estivera unha vez no mosteiro pero ia con presa e non me echagara ó rio. Onte desfrutei moito do paseo. Encantoume verme rodeada de fraga; que morea de carballos! (e que como son da zona do eucalipto …XD) Fun a primeira en montar o posto de artesanía así que escollin lugar.

Á sombriña jeje
Mándolles un saúdo ós da organización, en especial a dous rapaces que me levaron no coche cando baixaba a costa cara ó mosteiro, que o camiño en coche parece menos longo, pero a pé haiche unha boa tirada jajaja
Máis tarde coñecín á peculiar Santa Ferreña e vin a procesión. Encantoume.

Fíxome gracia o detalle dos billetes jaja. O certo é que o curran moito, hai que darlle-la noraboa ós que fan posible esta festa.

A comida estaba moi boa, especialmente o queixo do postre, esqueceume preguntar de onde o tran porque me gustou moito (e iso que eu non son moito de queixo!)
Gustoume moito o ambiente en xeral. Gústame ver pandereteiras, e habia abondas! novas e vellas e todas moi boas. Gaiteiros non faltaron, pero tamén se escoitaban acordeóns, frautas …
Paseino moi ben escoitando ó contacontos e quedei prendada da voz da rapaza dos cantos galegos-guaranís; por riba nun marco tan espectacular como o fermoso mosteiro de Carboeiro.
En fin… que o ano que ven hai que voltar!
Velahí deixo un video-resumo do que puiden ver ese día. Non me quedei á noite, outra vez será… Está moi comprimido e as imaxes non son moi boas (a parte que o grabei coa cámara de fotos jaja) porque coa miña conexión de caracol levaríame séculos rematar de subilo; pero penso que vos daredes idea do que é, e os que participan cada ano igual ata se recoñecen jaja
http://es.youtube.com/watch?v=IftSuBRWERo
Ahí deixo outro, do momento da voda, con album incluído jaja:
http://es.youtube.com/watch?v=YQSOkEg-LpY
Mañá ou pasado editarei esta entrada para incluir un video máis, desta vez cunha presentación de fotografías do entorno e da propia festa. Téñoo feito xa, pero botei medio día para subir os anteriores e a miña paciencia ten un límite jaja
E en vindeiros anos agardo voltar a desfrutar desta festa, algunha vez quedando uns días pola zona para desfrutar tamén das fermosas paisaxes do lugar, facer algo de sendeirismo e visitar moitos monumentos interesantes que sei que hai pola zona.

10.06.2008
Edito para incluir o enlace do vídeo prometido coas fotos do entorno do mosteiro de Carboeiro e algunhas dos IX Encontros de música tradicional:
http://es.youtube.com/watch?v=nOLo9agoKj8