Pois sinto ter tan abandoadiño o blog, pero andamos en época de moito traballo e non dou feito!
Non tiña pensado ir de festis e feiras ata o Mundo Celta, gústame abrir o verán con el (bueno igual á Rapa si que iría por iso de que é na Capelada, non sei …) pero este ano vou comezar a tempada cun festi diferente e que non coñecía: Os Encontros musicais do Carboeiro.
Cando me chamaron da organización, que andaban á procura de artesáns, aceptei sen saber moi ben o que era. De feito pensei que sería algo mais pequeno, quizais o primeiro ano que se facía… e logo investigando en Internet vin que xa van pola IX edición!
Eu aceptaba xa tan so por ser en Carboeiro, pois non me parecia mal aproveitar a volta e ir ver o mosteiro que me encanta. Xa logo vin que na festa hai títeres, contacontos, zona de acampada á beira do río (Deza) … e unha romaxe ben curiosa xa que non se venera ningunha imaxe relixiosa, senon unha especie de pandereteira á que lle chaman Santa Ferreña jaja
O certo é que pinta ben, e espero pasar un bo dia alí. Prego por que non chova!
Isto será o vindeiro 7 de xuño. Ahí deixo o bonito e orixinal cartel do evento:

Bueno e eu a seguir traballando, que non é conto, que ando que non paro:



Soy un gnomo …

Bueh, vou seguir!

goiriz dixo,
Maio 29, 2008 a 7:15 pm
Qué ser eso que desís de trabagar… ez que no entended ben en jalejo
Agora xa en serio, teño que darvos as fotos a tí ou a outra… porque se as mando po la rede quedan enredadas, as meterei nun disco e vo lo paso.
Deica e a vender moito
altuntun dixo,
Xuño 1, 2008 a 1:49 pm
Quedan enredadas? Ah será porque pesan mogollón non?
) pero si que teño moitas ganas de ir porque é o tipo de festi que me gusta, nun lugar pequeno, con cousas para ver, así en plan tranqui; vaia que vou mais con intención de coñecer algo novo que de facer negocio, inda que non me viria mal vender ben, tendo en conta o lonxe que me queda jajaja
Mándame unha si? porfis porfis jaja
Igual vai mellor con gmail que con hotmail, tamén teño conta ahí: Raven80may@gmail.com (sempre dou a de hotmail porque a reviso mais a miudo).
A ver se a partir do mércores teño mais tempiño libre, inda que non sei se terei moito ata pasado o de Carboeiro, que se me xunta todo: xa lle quitaron a férula a Pancho e tan só ten un vendaxe moi, moi, pequeno e queria levalo algo de paseo pola praia pero non dou feito jaja
E vender non sei se se venderá moito aló (sempre penso igual a cada sitio novo que vou
Coidate. Saúdos!