e non pasa de balde.
Xa case cumplo os 28, e a medida que se achega a data penso mais no tema de como se van os anos uns detrás de outros, tan axiña, e ando a facer unha especie de balance da miña vida, consciente de que os anos cada vez van a máis, e con ganas de aproveitar moi ben o tempo que ainda me queda de xuventude (que cada un alonga o tempo que quere imaxino, e eu penso alongalo bastante).
Aquí teño un video cunha mistura de imaxes dunha (pequenisima) parte da miña vida. O vídeo non ten sentido para ninguén mais que para min, pois, deseguro moitas cousas só as podo entender eu, pero diso se trata, xa que é a miña historia.
Púxenlle música dun grupo que se chama My Chemical Romance. Non é dos meus preferidos e poucos temas seus coñezo a pesar de que un de Bilbao mos meteu polos ollos (ou mais ben polas orellas) varias veces. Este tema en concreto chámase Helena, que pasaría desapercibido para min de non ser polo xenial videoclip que lle fixeron. De poñer unha canción que signifique algo para min, podería escoller algunha das “nosas cancións” (de Khris e miñas) ou a miña favorita (ou polo menos das que mais me gustan): It Grieves My Heart de Draconian, pero non sei se haberá entre todas as miñas preferidas algunha que caia ben con semellante maraña de imaxes … jeje
Algunhas das imaxes son “velliñas” e saen bastante pixeleadas, pero non por iso son menos importantes para min, por exemplo, as imaxes do meu primeiro can, o Cascabel, que botou máis de 14 anos comigo, e a pesar de que xa hai uns anos que falta, inda me lembro con cariño del.
Cando vin o video rematado, pensei que a miña vida semella fácil e chea de ledicia, xa que rio moito, pero está claro que non sempre é asi … pero as penas non quedan ben nos videos XD

goiriz dixo,
Maio 22, 2008 a 10:14 pm
Buen montaje, si señora
altuntun dixo,
Maio 23, 2008 a 8:18 pm
Gracias
pero no tiene mucho mérito, es una simple sucesión de imagenes de grabaciones varias que tengo, algunas bastante chungas jaja
Saludos.
goiriz dixo,
Maio 24, 2008 a 10:52 pm
insisto, buen montaje, sólo un pero… ¡me cago en la velocidad adsl que tenemos! Me tiré más de 20 minutos para ver el video. No cuelgues más, por favor
altuntun dixo,
Maio 25, 2008 a 2:03 pm
20 minutos? jajajajjajajajajaja
Entonces no te digo el tiempo que me llevo a mi subirlo, porque fue cuestion de horas xD