A amabilidade da xente de Bares.

O fermoso municipio de Mañón sempre me gustou moito. A ría do Barqueiro é das máis fermosas das nosas rías galegas. A serra, o Camiño dos Arrieiros, o río Sor, a praia de Esteiro … hai moito que ver alí. Sempre me gustou moito a vila de Bares (ou Vares, xa que é deses lugares da Galicia nos que non se sabe moi ben se é con -b- ou con -v- , Xubia-Xuvia, Ribeira-Riveira …) o seu porto de enormes coios que disque é de orixe fenicio, a súa fermosa praia, o faro, o semáforo, o mirador da garita… todo fai que sexa un lugar fantástico para pasar un día relaxado e ameno.

Levo tempo indo vender artesanía cerca do faro da Estaca de Bares, que é o extremo Norte do noso pais e moi frecuentado por nós e polos turistas. O único problema é o vento que soe facer na zona, xa que peta de c…, e o día que non fai vento é unha ledicia.

Resultame moi agradable estar alí, con esas vistas do cabo Ortegal e a costa de Loiba… Creo que quedou claro que é un lugar moi fermoso e que me encanta. Pero ademáis dos seus valores paisaxisticos, conta cun aliciente máis: a simpatía e xenerosidade dos seus habitantes.

Sempre me sorprendeu moito o sociables e boa xente que son. Alí non es un extraño, todo o mundo te recibe cos brazos abertos e gústalles moito manter conversas coa xente de fora. Lévoo constatado en todo o tempo que levo pasado alí. Non só noto simpatía para coa miña persoa, senón que vexo que o trato é igual con todo o mundo. Sempre atentos a resolver calquera pregunta que se lles faga… é unha xentiña moi especial.

 

2 Comentarios

  1. xacarandás dixo,

    Maio 5, 2008 a 6:12 pm

    E dijo eu ¿non irías vere a Illa da Coelleira? ¿e un mosteiro que disque que houbo por ahí?.

    Fora bromas, esa zoa, subindo polo río Sor, a mín particularmente sempre me justou moito, e non polas churrascadas en Segade, senón polo paisaxe que inda se manten moi virxe, pese a presión urbanistica, da ponte hacia o interior haiche uns remansos no río preciosos.

    Un saudo Fati.

  2. Fati dixo,

    Maio 8, 2008 a 12:20 pm

    Á Coelleira hei ir xa verás, tan só necesito convencer a algún veciño con chalana de que me leve jajajaja

    Saúdos!


Deixar un comentario