Maio 29, 2008 a 3:02 pm (Cousas miñas ..., Festivais e outros eventos ...)
Tags: carboeiro 2009, encontros musicais carboeiro
Pois sinto ter tan abandoadiño o blog, pero andamos en época de moito traballo e non dou feito!
Non tiña pensado ir de festis e feiras ata o Mundo Celta, gústame abrir o verán con el (bueno igual á Rapa si que iría por iso de que é na Capelada, non sei …) pero este ano vou comezar a tempada cun festi diferente e que non coñecía: Os Encontros musicais do Carboeiro.
Cando me chamaron da organización, que andaban á procura de artesáns, aceptei sen saber moi ben o que era. De feito pensei que sería algo mais pequeno, quizais o primeiro ano que se facía… e logo investigando en Internet vin que xa van pola IX edición!
Eu aceptaba xa tan so por ser en Carboeiro, pois non me parecia mal aproveitar a volta e ir ver o mosteiro que me encanta. Xa logo vin que na festa hai títeres, contacontos, zona de acampada á beira do río (Deza) … e unha romaxe ben curiosa xa que non se venera ningunha imaxe relixiosa, senon unha especie de pandereteira á que lle chaman Santa Ferreña jaja
O certo é que pinta ben, e espero pasar un bo dia alí. Prego por que non chova!
Isto será o vindeiro 7 de xuño. Ahí deixo o bonito e orixinal cartel do evento:

Bueno e eu a seguir traballando, que non é conto, que ando que non paro:



Soy un gnomo …

Bueh, vou seguir!
2 Comentarios
Maio 17, 2008 a 8:42 pm (Xeral)
Hoxe 17 de maio, día das Letras Galegas celebrouse a xuntanza das asociacións do Concello, e este ano tocou en Lago.
Como mostra da representación pantinexa no evento queda esta foto de Siro e Manolo de Gende termando dunhas delicias elaboradas por pantinexos e valdoviñeses que se ofreceron como degustación.

1 comentario
Maio 5, 2008 a 1:28 pm (Fotografía)
Tags: bolboreta, mariposa, mariquita, xoaniña
Cando ando polo extremo Norte do pais sen moito que facer, tírolles fotos ós insectos que abondan na zona e así entretéñome (mentres algún non me dé un picotazo que abellas inda vo-las hai!)
A bolboretiña da seguinte foto tívena unhas cantas veces na man. É unha sensación moi agradable, inda que non conseguín captar a foto do momento porque non paraba moito jeje

“Xoaniña voa, voa!
que che hei dar pan de broa!”

Deixa un comentario
Maio 5, 2008 a 1:16 pm (Fotografía)
Ahí quedan unhas leccións de kamassutra insectil…



Deixa un comentario
Maio 5, 2008 a 1:09 pm (Cousas miñas ...)
Tags: bares, barqueiro, estaca de bares, mañon, vares
O fermoso municipio de Mañón sempre me gustou moito. A ría do Barqueiro é das máis fermosas das nosas rías galegas. A serra, o Camiño dos Arrieiros, o río Sor, a praia de Esteiro … hai moito que ver alí. Sempre me gustou moito a vila de Bares (ou Vares, xa que é deses lugares da Galicia nos que non se sabe moi ben se é con -b- ou con -v- , Xubia-Xuvia, Ribeira-Riveira …) o seu porto de enormes coios que disque é de orixe fenicio, a súa fermosa praia, o faro, o semáforo, o mirador da garita… todo fai que sexa un lugar fantástico para pasar un día relaxado e ameno.
Levo tempo indo vender artesanía cerca do faro da Estaca de Bares, que é o extremo Norte do noso pais e moi frecuentado por nós e polos turistas. O único problema é o vento que soe facer na zona, xa que peta de c…, e o día que non fai vento é unha ledicia.
Resultame moi agradable estar alí, con esas vistas do cabo Ortegal e a costa de Loiba… Creo que quedou claro que é un lugar moi fermoso e que me encanta. Pero ademáis dos seus valores paisaxisticos, conta cun aliciente máis: a simpatía e xenerosidade dos seus habitantes.
Sempre me sorprendeu moito o sociables e boa xente que son. Alí non es un extraño, todo o mundo te recibe cos brazos abertos e gústalles moito manter conversas coa xente de fora. Lévoo constatado en todo o tempo que levo pasado alí. Non só noto simpatía para coa miña persoa, senón que vexo que o trato é igual con todo o mundo. Sempre atentos a resolver calquera pregunta que se lles faga… é unha xentiña moi especial.

2 Comentarios