
Para chegar á capela podemos subir por Vilarrube e pasando a igrexa, continuando dirección Vilaboa atoparemos un desvío á dereita cara a Liñeiro, seguiremos adiante sen desviarnos e o seguinte desvío tamén á dereita é o que nos leva á capela, que está tan só a uns metros.
Outra opción sería vindo de Loira, pasando a ponte das Forcadas, coller un desvío á esquerda no Basteiro. Como se ve na foto, se seguimos un pouco máis adiante volta a haber outro desvío á esquerda que nos leva tamén á capela xa que ámba-los dous camiños se unen pouco antes de chegar a ela.

Nesta foto sinalei a localización das cruces da Orde de Malta que se poden ver a simple vista na capela.
Unha a cada lado da porta, outra na parte de atrás (a que mellor se conserva das exteriores), outra nun lateral e outra baixo o altar (vese polo furado da porta). Iso fai un total de 5 cruces, pero pode que teña máis. Teño escoitado que ten ata 9 cruces de malta. Na portada da capela pode que haiba mais, pois enriba da porta vense mais simbolos pero estan bastante erosionados.

goiriz dixo,
Abril 30, 2008 a 10:09 pm
Moi boas, xa de volta e me encontro o plano para chegar a capela da fame… gracias, penso ir un día de istos se non chove. Ah! perdín algún gallifante por non saber que demo era aquelo ou conservo os que tiña?
Saudos
Fati dixo,
Maio 1, 2008 a 8:27 pm
Se vas has de ver a pintada que lle fixo algun ***** na porta e ó lado dereito da mesma, na parede. Agardo que a pintada vaia desaparecendo por si mesma, está feita cun spray branco me parece, igual non moi resistente, non che sei… hai cada un! Se o pillo pintando …
Gallifantes non se restan, tan só se suman con cada acerto e… “santa rita lo que se da no se quita” ou algo asi di o refran me parece jajaja
Bueno, de novo non me logueo que ando a mil, entre que onte me operanon o can e lle puxeron tres tornillos na perna, ainda anda o fontaneiro na casa (ata hoxe que é festivo veu pa ver se dan acabado dunha vez jaja) e que maña marcho vender por ahí (hai que aproveitar que é festivo en Madrid jaja!) non me queda tempo para mais…
Saúdos
goiriz dixo,
Maio 2, 2008 a 12:03 am
Joer, o do canciño foi moi forte de dios.
Fati dixo,
Maio 2, 2008 a 10:21 pm
Si, de feito non estaban moi seguros de poder recuperar a perna ó principio porque tra-lo accidente tan só tiña osos partidos, a carne faltáballe nunha grande zona, e foina rexenerando pouco a pouco por iso o proceso de recuperación se alongou tanto, a ver se agora vai algo mellor, o luns destapan … a ver como quedou o que lle fixeron, que isto está sendo unha ruina jaja