Pois efectivamente tratábase dun caracoliño paseando pola miña man. Velahí a foto orixinal:

Onte fun a Liñeiro tirar unha fotos da capela “da Fame” e vin cun cabreo… xa tivo que sair un papanatas a facer unha pintada alí, que non me entere de quen foi … Pero bueno, iso merece post a parte. Agora deixo unha nova a diviña. A ver ¿que ven sendo isto?

Igual é moi fácil, pero bueno jaja. Se non acertades. Solución en 3 días.

goiriz dixo,
Abril 18, 2008 a 3:43 pm
O pelo do teu canciño?… por certo, vexo que vai mellorando, me alegro
goiriz dixo,
Abril 18, 2008 a 3:45 pm
ah, quixemos ir a capela da fame e non soupemos… Pitusa foi hai moitos anos e agora non sabe chegar
altuntun dixo,
Abril 18, 2008 a 5:53 pm
jaja xa levas 6 gallifantes, vas lanzado!
É o pelo da parte superior do ollo, xa subirei a foto mais tarde.
Para chegar á capela é fácil, a ver se me sei explicar:
Subides por Vilarrube, e pasando a igrexa, non saiades da carretera, quero dicir que como fai unha curva á dereita e hai outra pista que segue de frente igual colledes esa (esa chega a Porto do Cabo ou Vilaboa, segun os desvios que se tomén máis adiante) tedes que seguir na mesma carretera e máis adiante atoparedes un desvío á dereita cun cartel que pon Liñeiro, xa estades cerca. Ese desvío leva á aldea de Liñeiro, onde está o pazo, é moi bonita, pero para chegar á capela non vos teder que meter por ese desvío senon polo seguinte, e a capela está a uns metros, xa case se debe de ver dende a carretera.
Hai outra maneira de chegar se ides dende o emblase das Forcadas. Pasando a ponte e indo cara a Vilaboa hai un desvío á esquerda que me parece que ten un cartel que di Basteiro, hai unha casa moi bonita de pedra restaurada alí. Ese camiño tamén vos leva á capela.
Non sei cal dos dous é o máis sinxelo porque eu controlo bastante ben as duas zonas, quizais o de Vilarrube esté mellor sinalizado.
Cando faga a entrada sobre a capela verei se podo marcar a ruta co Google Earth e así non ten perda jaja
goiriz dixo,
Abril 18, 2008 a 9:05 pm
graciñas po la información, cando voltemos da viaxe iremos aló.
¡6 gallifantes! me estou a facer rico, jejeje