Chungo, chungooo.

Non teño moito tempiño para desbarrar no blog asi que a ver se non me lio …

Todo se complica. Non lembraba que esta semana tiñamos na casa ó fontaneiro para amañar non sei moi ben o qué, hai un problema coa instalación da auga quente dun dos baños, pero como eu case non o uso (o meu funciona perfectamente) non fago meu o problema jaja

Pois menudo lio, andiveron furando na parede que soltou unha de foula que mimaaaá non se paraba! E eu (coitadiña de min) que limpara as ventás a semana pasadaaa!!!! joooooo, xa son ganas de amolar!

A casa parece un puzzle, está a cachos, de tanto arranxo, tanta obra… E que non se dá rematado! Agora miña nai dí que enriba do porche quere un balcón; eu digo, que nese caso, mellor se alongue cara os dous lados, se poñan columnas de cantería e se faga unha terraza!. O máis contundente é o meu pai:

- “O que??? boh-boh-boh-boh”

A miña principal preocupación onte foi que con tanta obra non rachasen nun descuido o cable do telefono, que o teño por fora, e se o escachan alá vai a miña conexión … É que non tiña toma para telefono enriba. Cando se puxo o mesmo como a casa era todo unha (tiña as escaleiras por dentro) non se considerou necesario poñelo e andar furando nas paredes. Pero agora que as duas vivendas son independentes e eu quero ter Internet enriba (xa me amolaría ter que baixar para conectarme jajaja) hai que facer apaños raros, como poñer o cable ahí daquela maneira… Total que eu onte xa os avisei. AVISEINOS …

Pois hoxe non faltou nadiña para que arramplaran con todo. Nun descuido, moveron o andamio e ala o vai! Unha cuarta de cable pelado!!! NON-PODE-SER! E iso que A-VI-SEI. En fin, non foi nada, tan só o pelaron, pero vaia, a ver o que dura. A parte que mañá quen sabe o que facerán. Iso si: o que o escacha amáñao!

Con todo e iso o meu problema co Internet hoxe non veu da man da peladura do cable ese, senon dos de Telefónica (ou a subcontrata que leve o tema dos arranxos na línea). Non sei que lles deu hoxe de andar xogando: agora funciono-agora non funciono. Pero levoulles todo o día! Non sei o que farían, poñe-lo famoso ADSL tantas veces reclamado non o creo jajaja

E xa estaba baixo aviso: a partir do mercores chove. Non fallaron eh! Menudo lío teño eu montado agora. Unha de foula tremenda, pregando porque rematen dunha vez coa reforma de fontaneiria, o can pa dentro e pa fora axudando a enredar, unha chea de traballo, e agora chove… ainsss

Onte vin Padre Casares de milagre. Todo pola curiosidade de ver que poñerían na galega no sitio da serie xa que eu lera no foro que rematara a semana pasada. Pois non, non rematou e non perdin o capitulo de casualidade. Ían rodar cabezas se o perdo jajajaja O certo é que o capítulo anterior non me chistara demasiado, pero o de onte si me gustou moito. Agora a serie pasarana ós luns a ver se non me despisto a semana que ven jaja

Onte tocou ir á clínica veterinaria co Pancho e aproveitamos para facer algunhas compras e tamén fixemos de recadeiras, porque se precisou algunha cousa para o tema das reformas e a quen llo encargaron?? Total, que cos contos chegamos á casa ben tarde.

O Pancho tamén cansou de tanta volta, e ahí o vedes, a velas vir no coche mentres a miña nai ía mercar o que lle encargaran.

Mañá téñome que reunir pola mañá cedo con Begoña. Non me gusta madrugar moito (non sendo para ir de paseo XD) pero a cousa é urxente, non vaiamos quedar sen festaza por mor de non erguerse cedo jajaja

E que xorden tantas cousas que é dificil de levalo todo sen estresarse. Os rapaces do foro dos Casás ándanme a poñer os dentes largos con información sobre antas, e cousas así da zona e teño que ver de sacar algun tempo para iso tamén.

Próximamente levarei a cabo a misión “Na procura do dolmen da Capelada” jaja, a ver se non remata sendo a misión: “Buscando a Fátima -rapaza desequilibrada- perdida na Serra da Capelada” jajajaja

Malo será, as veces que me perdín por alí, logo atopeime, non pasa nada. Pero si que terei que sacar algo de tempiño para iso porque me mandou J.Tojeiro (http://serradacapelada.blogspot.com) unha foto moi chula dun dolmen acompañada dunhas indicacións para atopalo, peeero, o lugar exacto non mo sabe dicir, polo que non estou segura de se o atoparei. A parte, a foto non é recente e igual a sua presencia hoxe en día non é tan evidente.

Por outra banda Xan Das Bolas meteume a abelloada de ir ve-la Pena da Moura de Vilarrube e non sei de onde hei sacar tempo para todo!

E que todo se me complica co rollo do fontaneiro, parece mentira o que un feito tan simple coma cambiar unha instalacion de fontaneria influe na vida dun. Resulta que teño que ir a buscar dous paquetes a correos. Tampouco é algo demasiado urxente, inda teño tempo para ir a recollelos, pero non me gusta nada ter cousas pendentes. Ía ir hoxe pola mañá (porque claro, pola tarde non abren, que morro jajaja) e non puiden porque non podía saca-lo coche da casa! con toda a movida das ferramentas e os andamios non tiña por onde! Por riba, prisioneira na miña propia casa! jaja

Con todo inda saquei algo de tempo para facer algunha meiga. O malo é que me vexo obligada a traballar de noite e hai cousas que pola noite é imposible. A ver se chega o bo tempo e se manten mais de dous dias que xa teño ganas de traballar fora ó aire libre coa mellor luz que pode haber, a solar!

Non puiden traballar moito estos dias, pero por pouco que sexa o que se faga, é mellor que non facer nada. O verán é unha época complicada no traballo porque a parte de facer as cousas sáese moito a vender e claro, o tempo de venta réstalle tempo ó de face-las cousas. Pero é xenial sair a vender e ás veces incluso nese tempo se pode aproveitar para traballar algo (sempre e cando non faga vento, buff!). Prefiro mil veces sair vender que cando vendo para tendas. Prefiro vender directamente e verlle a cara á xente que as merca que ter as miñas cousas repartidas por tendas que nin coñezo, pero claro, haille que dar a todo para poder vivir jajaja

Traballar non traballei moito, pero o tempo chegoume para facer das miñas e fastidiar a miña man esquerda coma sempre. Déboa ter gafada jaja nun intervalo non moi longo de tempo, traboume unha véspora que ma deixou fora de combate máis dunha semana, ós poucos días case rebano un dedo cortando xamón (que vicio! jaja) e quedoume un dedo gordo-morcillento e coa marca do corte que igual precisaba de puntos, pero cureino eu na casa en plan McGiver; é a man que sempre amolo cando grabo nos colgantes de petroglifos e antonte deille un corte coas tixeiras mentres facía nas pelucas das meigas. Entre iso e as continuadas visitas no inverno dos sabañóns inda non sei como fago para sacar adiante a producción jajaja

Bueno, vou ir deixando xa o rollo, pero antes ¿que tal se xogamos ás adiviñas?

Tres gallifantes para o que me diga que é isto:

Para os amigos de Pablo Motos direi que nin é cú, nin é codo.

A solución dentro de 3 días se ninguén o adiviña denantes.

11 Comentarios

  1. goiriz dixo,

    Abril 17, 2008 a 9:44 am

    Parece que estou a ver o filme “Esta casa es una ruina” na que traballa o Tom Hanks… pero ti tranquila que todo acaba ben.
    Si non é codo nin cú… será unha vexiga na man?

  2. altuntun dixo,

    Abril 17, 2008 a 1:41 pm

    Non é vexiga.
    Pero non vas mal, porque sí se ve parte da man.
    Pista: Non todo o da foto é man.

  3. goiriz dixo,

    Abril 17, 2008 a 1:52 pm

    coño! ¿unha babosa?

  4. altuntun dixo,

    Abril 17, 2008 a 2:03 pm

    Ui! Case, case…
    Se me dis a palabra xusta, colgo a foto.

  5. goiriz dixo,

    Abril 17, 2008 a 8:31 pm

    mmmmm ¿caracol? me gusta a idea do teu xogo jejeje

  6. Juan dixo,

    Abril 18, 2008 a 1:25 pm

    ¿tes un caracol paseando polo dedo? Creo que viche o anuncio da baba de caracol para curar as feridas, jajajajajajaja

  7. altuntun dixo,

    Abril 18, 2008 a 2:40 pm

    :D
    Pois tres gallifantes para cada un. Sí que é un caracol.
    Non sei porque as babosas me dan tanto repelus e os caracois non jaja

  8. goiriz dixo,

    Abril 18, 2008 a 2:49 pm

    ben, ben i ben, tres gallifantes no saco.
    Un saudo Fati, voume a Francia unhos dez días ou algo máis, pero xa me conectaréi dende aló. O meu galego é terrible, fago o que podo :-)

  9. altuntun dixo,

    Abril 18, 2008 a 2:54 pm

    Pásao ben! Imaxino que virás cun carro de fotos jeje
    ¿quen dixo que o teu galego é terrible? Eu vexoo moi ben! Xa quixeran alguns!
    Saúdos

  10. Xacarandás dixo,

    Maio 1, 2008 a 10:04 pm

    Perdoa, nono vira antes, e este comentario tiña quire noutro lado. Pro e que te prejuntas pra que é a escola dos Casás. Acabana de amañar, o concello claro, e na parte de arriba fixeron dous mjnipisos pra alquilar, a parte de abaixo a sere pra o local social, e vendo o censo da parroquia a quedar jrande ….

    hoxe fun a capela de portas, por curiosidade, por que ti o comentaches, e preciosa ..

  11. Fati dixo,

    Maio 1, 2008 a 10:12 pm

    Que interesante que o concello a amañe para alugar e facer un local social. Iso está moi ben! Nos coa de Pantín queriamos facer unha especie de museo ou algo asi pero ó parecer o Concello inda non dá resposta proque inda non se sabe a quen pertence a escola ¿? jaja
    Alédame que che gustara a capela. Si que é moi bonita, sobre todo polo entorno no que está. ¿Fixacheste na estrela de David? É moi curiosa porque aparece circunscrita e ademais outra cruz á vez. Xa a colguei en celtiberia por se alguen me sabia dicir que significa pero… de momento sen respostas…
    Está nun lugar bastante alonxado de todo Portas, pero é xenial.


Deixar un comentario