Achégase o verán e hai que poñerse en serio a traballar, xa queda menos tempo ocioso e o blog esta comezando a notalo. Prométolle que non o hei abandoar de todo.
Onte deume un mareo extraño pola mañá, mentres lle andabamos a facer as curas ó Pancho. Non sei se o mareo en sí é extraño, pero raro si que é que eu me maree. E máis rara me pareceu a sensación que acompañou o mareo. Notaba como se tivese unha pastilla desas efervescentes na cabeza. Escoitaba un ruidiño asi. Que cousas jaja
Hoxe ando medio mosca cun asunto. Non sei se é cousa de maxia ou qué pero case o parece. Ten que ver coas miñas meigas (e semella cousa de meigas), non o conto porque non o vades crer, nin eu remato de crelo …
Parece que pouco a pouco ven vindo mellor tempo. Falta fai. Non está demais sair a camiñar un pouco e facer algo de exercicio. Tanto tempo de relax vai pasar factura. A ver se o mareo que tiven foi un aviso, igual teño o colesterol medio disparado. Levar, levo uns cantos días comendo ovos a mansalva jaja. Que lle vou facer se me saben a gloria! jajaja
Bueno, vou subir un par de fotos e marcho a traballar que o tempo corre. A primeira é un monumento con gaivota jaja. En San Cibrao (Lugo).

Na seguinte sae o Khris nunha rúa de Betanzos. Vila medieval moi bonita. Vila na que rodaron As leis de Celavella, serie que, se non lles importa ós da TVG, ben a podían repoñer non? Agora que rematou a primeira tempada de padre Casares era unha boa ocasión.


goiriz dixo,
Abril 15, 2008 a 8:18 pm
Xa ia sendo hora -:) Oes, coida esos mareos… e inda que o traballo che reclame, fai un esforzo i colga algo de vez en cando…
Salud i saudos
altuntun dixo,
Abril 15, 2008 a 8:34 pm
Non, si por ganas de escribir non é, hoxe ando co mono de facer unha entrada nova, igual dentro dun cacho escribo algo, pero acabo de chegar de Ferrol (bueno, vale vale valeeeee de Narón jajaja) e non dou feito! jejeje
Sauidiños!