Pasando no tempo …

Unha imaxe do Google Earth e unha tira cómica de Xaquín Marín.

Valdoviño ten 9 parroquias!

E eu pensando que eran 8 jaja
E coma min a maioría.
Na escola, (de Valdoviño, claro) estudei que eran 8, e eu rematei os estudios alí no 94; pois ben, resulta que dende o 96 son 9 e a maioría dos valdoviñeses non nos enteramos jajaja
Pois para que así conste dígoo eiquí ben claro, as parroquias de Valdoviño son 9:
Vilarrube, Vilaboa, Loira, Pantín, Valdoviño, Lago, Meirás, Sequeiro e (agora tamén) Lourido.
Tiven que ir falar coa bibliotecaria para confirmalo e tivemos unha amena conversa sobre o tema.
Ela dí que á maioría da xente pásalle coma min. De feito a propia asociación de veciños de Sequeiro é unha soa para Sequeiro e Lourido. O que sí dixo é que ela lembra que na escola, os seus compañeiros diferenciabanse moito os que eran de Lourido dos de Sequeiro. Cos meus non pasaba iso, pero penso que igual eu so tiña compañeiros de Sequeiro e por iso nunca notei que fixeran distincións entre eles.
Compre dicir que a parroquia de Lourido é a que ten a igrexa de San Bartolomé para que moitos se orienten porque por Lourido moita xente (polo que teño comprobado) non se entera de que ando a falar, pero San Bartolo máis ou menos todos saben onde está jeje
Lourido xa fora parroquia tempo atrás, non sei que foi o que pasou para que nunha época determinada deixara de selo e Sequeiro a absorvera, e agora de novo volte a ser parroquia. Alguén moveu fios para recuperala.
Terei que ir un día por alí sacar algunha foto da igrexa e ver se algún veciño me conta algo do que aconteceu.

Cambiando de tema…

O mércores día dous sae un autobús dende o Concello de Valdoviño para quen quera ir manifestarse na Coruña con motivo do xuizo polo asasinato de Mª del Mar Becerra. O autobús sae ás 9 do Concello.

Para apuntarse hai que chamar ó teléfono do concello: 981487041

Para quen se quera manifestar e non poda acudir á Coruña, pode facelo perante o Concello de Valdoviño o mesmo día.

Noutro orde de cousas …

… e onte ó final non fun á xuntaza da AVV, quedei durmida, que deus me perdoe …