Hoxe toca adianta-la hora …

… mecachis! poderían agardar ó fin de semana que ven que mañá hai xuntanza da AVV e hai que madrugar jaja

Onte atopei unha web interesante,  duns veciños de Os Casás (Cerdido). Botei gran parte da mañá tentando enlazalos no bloguiño pero non o conseguin non sei se hai problemas tecnicos con WordPress ou o meu blog me anda a vacilar. En fin, seguireino a intentar. A páxina de Os Casás é: http://personales.ya.com/oscasas/limiar.htm

Onte saiu o sol ó fin (inda que parece que mañá o tempo se volve a remexer e vai chover …) e o Perecho aproveitou as raiolas. El e as suas posturas …

Tireille unha foto a un lugar mítico na zona de San Xiao: A Pena. Moitos temos agarabeado por ela coma cabuxas.

E ahí vai unha fotiño máis. O atardecer de onte.

Morriña.

Para todos os galegos que están fóra da súa terra.

E en especial para os de Pantín.