Marzo 26, 2008 a 9:08 pm (Pantín)
Tags: os penidos, Pantín
Que dende os Penidos temos unha boa vista de Pantín é algo que todos sabemos, pero ademáis tamén se pode ver o embalse das Forcadas.
E se o día está claro, vese sen ningunha dificultade a cheminea da central térmica das Pontes; o Springfield galego para algúns.

Deixa un comentario
Marzo 26, 2008 a 8:53 pm (Cousas miñas ...)
Tags: mañon, ponte do porto, vicedo
Esta ponte atópase sobre o río Sor, entre os concellos de O Vicedo e Mañón.
É sorprendente atoparse unha ponte de semellantes características no medio dun lugar bastante inhóspito. Ó parecer por ahí pasaba a ruta entre o Ortegal e Viveiro.

A continuación escribo algo de información sobre a ponte que saquei da web do concello de O Vicedo (www.concellodovicedo.org)
Ponte antiga sobre o río Sor de orixe incerta inda que polos materiais empregados, semellantes ós da muralla de Lugo e a forma románica dos tres arcos, podería tratarse dunha ponte medieval construída polos romanos e pertencente ó Camiño Real entre os concellos de Viveiro e Ortigueira.
Realizada en canteiría e con arcos de medio punto, no seu centro (a dez metros sobre o nivel da auga) , inda pode verse o miliario que sinalaba o límite entre as vellas provincias de Betanzos e Mondoñedo.
O que poida que se achegue a vela, é un bó paseo. E xa de paso poderíase achegar tamén á igrexa de Riobarba.
Deixa un comentario
Marzo 26, 2008 a 8:44 pm (Pantín)
Tags: alfunil, ferrerias, Pantín, río ferreira

Esta praia de coios está na desembocadura do río Alfunil (Ferreira, Ferrerías). Diante da pena furada.
Para acceder a ela é necesario que esté a marea baixa.
Deixa un comentario
Marzo 26, 2008 a 8:28 pm (Cousas miñas ..., Mascotas)
… inda que tan só sexa, para mirar cara o mesmo lado.

Non teño nin idea de que sería o que mirabamos.
Deixa un comentario
Marzo 26, 2008 a 8:22 pm (Cousas miñas ...)
Eu, cando inda era unha mincha, acompañada da miña nai.

Deixa un comentario
Marzo 26, 2008 a 8:06 pm (Cousas miñas ...)
A mamá e o papá.


Curioso que os dous levan a mesma postura cando pasean.
Deixa un comentario
Marzo 26, 2008 a 8:03 pm (Cousas miñas ...)
Un dos días que fixen cola por algo que merecía a pena.
Ata choveu e todo e non nos moveron dalí.

Deixa un comentario