Seguimos co tempo inestable, que aburrimento!
Este ano non sei se haberá moita froita. En pleno inverno parece que se adiantou a primavera e os frutais floreceron antes de tempo. Agora, que estamos por fin na primavera, chegan os temporais e arramplan con todo, de seguir con este clima imonos ter que alimentar a base de coca-cola.
Meus pais que son moi aficionados a plantar un pouco de todo estaban tan contentos co resultado do pequeno invernadoiro que tiñan no final da finca (e que non levantou o temporal de milagre) que decidiron facer outro máis grande.
Este é o novo “invernadoiro rústico” que anda a montar o meu pai …

O certo é que con este clima cada vez máis extraño que nos gastamos, o invernadeiro xa case pasa de capricho a necesidade no caso de querer lograr algunha hortaliza e que ésta non se rechamusque coa peste antes de tempo, inda que o invernadoiro tampouco é garantía de nada pero bueno …
Non hai moito que me dixo miña nai que porque non procuraba algún invernadoiro en Internet, a ver se non eran moi caros e …
… e eu fíxenme a un pouco a tola e ainda non mirei nada. Non por vagancia … é que non sei porque extraña razón detesto os invernadoiros. Resultanme tan feos que só os vexo necesarios para o caso de grandes explotacións agrarias. Non me fai ningunha gracia pensar en plantar un invernadoiro detrás da casa. Claro que tampouco lle preguntei á miña nai para que o quería. Igual era para poñer na súa terra (con iso refírome á súa aldea natal, e por suposto que nas suas leiras, non ía ser nas do veciño…)
Onte fumos co Pancho de novo á clínica supostamente para facer o dichoso inxerto pero ó final non se lle fixo. Miña nai e máis eu xa nos fixaramos na cura que lle fixemos o sábado, que lle estaba a sair bastante pel pola parte inferior da ferida e polo que se ve, pode ser que o inxerto xa non sexa necesario. A esperar toca! outra vez …
Non temos que voltar ata o luns que ven á clínica; agora facémoslle as curas na casa (inda bon é!) e a ver como segue a cousa.
Pero… se antes se necesitaba facer o inxerto e de súpeto agora resulta que a cousa mellorou … ¿é que lle facemos mellor as curas na casa que na clínica? jajajaja
Cando iamos cara a clínica, pasando A Ramalleira, nesas curvas retorcidas onde ninguén cun mínimo de sentidiño adianta, adiantounos un coche poñendo en risco a súa vida, a nosa e a dalgún posible/s vehículos máis que viñeran de fronte.
- Moita presa leva! -dixo a miña nai-
E levábaa …
Uns intres despois os que nos adiantaron foron os de Tráfico e un cacho máis adiante xa o pararan.
Dende logo, se te collen nunha para que escapas … para que sexan duas? en fin …
Non aturo á xente que anda facendo parvadas co coche. Eu non son perfecta, podo ter despistes e trabucarme máis dunha vez, pero non fago tolerías conscientemente. Incluso me sinto fatal se por un descuido fago algo mal e cabréome comigo mesma pola miña falta de atención. Sen embargo, hai xente que fai cafradas conscientemente e por riba, non ten nin o mínimo sentimento de culpa, inda se cre moi valente!
Non é a primeira nin a segunda vez que se pon en risco a miña vida por culpa doutros, tenme pasado de todo. Debe ser que os cafres que van na estrada, todos circulan cara a min ou non sei que pasa …
Logo hainos moi valentes, facendo carreiras nas estradas e colgando a hazaña en Internet. Eses teñen unha esponxa en troques de miolos!
A min tenme sen cuidado que corran, pero que o fagan no lugar axeitado. Os circuitos están para algo. Pero poñer en risco a vida dos demáis é propio de xente á que lle faltan máis de 5 mareas (ferveduras, voltas ou como lle queiran chamar).
Espero que mellore o clima e me dé un respiro. Os sabañóns a este paso seguen comigo ata xullo. Ademáis apeteceme sair a traballar fóra da casa e con este tempo non se pode. Canto boto de menos esos días invernais pero con sol. Fai frío … pero alomenos non chove. Os días como o de hoxe nos que tanto sae o sol, como chove, como graniza… son un fastido. Nun intre parece que vai facer tanto sol que tendes a roupa fóra e ó cuarto de hora xa a estas a recoller porque comeza a chover …
Necesito un día de luz marela xa!

Que contento estaba ahí o Pancho observando o mar dende a ribeira no Baleo. Parece mentira que fixera mellor día para sair pasear en decembro que agora en marzo.
Hoxe enterouse a miña nai de que iamos co Chiqui-Chiqui a Eurovisión. Non ten moito tempo para ver a tele e cando anunciaron o tema ese para poñer no movil e lle dixen que iso era o que nos representaba en Eurovision este ano, non me cría.
Non me extraña, non é de crer …