E menudo clima para toda a semana santa: vento descontrolado, auga, granizo… houbo de todo, pero sol pouco.
Onte granizou polo menos tres veces en Pantín.

Co tempo así non se pode saír pasear (vale, poder si que se pode, pero eu non tiña ganas) e como traballar non podo (teño sabañóns e non me dá a gana, suponse que estamos de vacacións jaja) pois emprego o tempo noutras cousas como por exemplo limpar a casa (que falta tena sempre porque o Pancho mancha que dá gusto) ou buscar información en Internet. Ando á procura de información para un proxecto digamos “festivo” do que xa falarei máis adiante e sobre todo sobre “O camiño dos arrieiros” que me deu moi forte con iso jaja. E que sobre restos megalíticos na Capelada non atopo case nada e a segunda zona en interese para min é a da Coriscada, por proximidade claro. Bueno, o ideal sería atopar moita información sobre os castros de Pantín, pero xa é moito pedir me parece jaja
Coido que me pasarei un día destos pola biblioteca de Cedeira porque ó parecer teñen fotocopias do “popurrí” de Federico Maciñeira, igual alí atopo algo de información sobre a Capelada.
E mañá toca ir co Pancho á vete. A ver se desta lle fan o “flap” e se recupera mellor que amola bastante estar indo de cada pouco, e a clínica non está precisamente ó lado da casa …
