De baixón.

Hoxe ando aburrida e cansa. Onte fixen tantas cousas que á noite durmín dun plumazo pero hoxe aburrome moooito. Igual debín repartir as actividades de onte nos dous días para compensar jaja.

E cando me aburro veño a escribir ó blog coma se iso fose arranxar algo …

O luns fun levar algunhas cousas de artesanía ó local social, e o gracioso é que sen sabelo, o moble combina á perfección cos mobles do local jajaja que cousas …

 

Hoxe estiven a piques de ir dar unha voltiña pola praia de Vilarrube, pero praia xa tiven onte dabondo. Estiven na da Abrela e na de Morouzos, e tamén me acheguei á Estaca de Bares e ós cantís de Loiba así que xa me enchín de costa e co vento que fai estos días case será mellor deixalo para outro día. Ademáis como non podo levar comigo ó canciño xa non é tan divertido. Ó canciño fixémoslle hoxe as curas por primeira vez na casa xa que a vete está de vacacións. Íanlle facer o inxerto de pel o pasado luns pero como ela marchaba os festivos e non ía ver o can nuns días pospúxose ata o luns que ven. Disque lle vai facer un “flap” (ou algo así jaja), que consiste en cortarlle pel da parte de arriba da perna deixando un anaco prendido e xirala para cubrir a ferida da parte inferior. Suponse que así non vai rexeitar o inxerto posto que non é quitar pel dun lado completamente e poñela logo noutro.

O Pancho tamén necesita un parafuso no xeonllo, pero me parece que non lle poden facer todo á vez porque para o inxerto vai cortar dun lado oposto ó que tería que cortar para poñer o parafuso e non sabemos seguro se se facerá todo á vez ou non.

Andiven a remexer nas cousas que tiña gardadas na compu e atopei unha foto de hai algúns anos que me fixo gracia.

Foi dun día que parei no mirador do Paraño e me atopei cun canciño que andaba tamén paseando por alí. Menudo bailarín estaba feito jaja

Bueno, vou a ver se argallo algo para facer, inda que non hai moitas opcións agora que xa oscureceu.