De paseo!

Hoxe fun de paseo por terras orteganas.

Na praia de Morouzos atopeime con este golfiño morto. Non sei o tempo que levaría ahí. Quizáis chegou co forte temporal que tivemos estos días pasados.

Despois de camiñar un bó anaco pola praia (e case sair voando co forte vento que facía) decidín achegarme á Lagoa de San Martiño.

Era a primeira vez que a ía ver pois, a pesar de ter ido incontables veces á praia de Morouzos nunca me achegara á lagoa.

O lugar encantoume e xa estou desexando voltar.

Estiven a ler os paneis que hai no sendeiro que explican o proceso de rehabilitación da lagoa, pois esta levaba tempo facendo de escombreira do pobo, ata que se decidíu recuperala. Foi un traballo de rexenaración xenial e ata lle deron un premio.

Nun dos accesos á praia de Morouzos hai un panel coa lenda desta lagoa, que ven sendo moi semellante á da nosa lagoa de Pantín, onde está asolagada Lucerna. Pois alí está asolagado o pobo de San Martiño.

Hoxe, ademáis da fermosa lagoa puiden ver unha garza enooooorme. Non contaba con iso así que non ía preparada para tirarlle unha foto. Pero eu vina, que é o que conta jaja

1 comentario

  1. Forestman dixo,

    Marzo 29, 2008 a 2:49 pm

    Agregado a la lista!!!


Deixar un comentario