O Baleo e O Coído.

 

Luces no ceo.

Moita xente se reune en Cedeira cada ano pola patrona para ver o espectáculo dos foguetes de artificio.

Outra opción é velos dende Pantín:

Paisaxe branca.

A árbore non está voando. Está no medio da neve.

Atópase nalgún tramo do camiño entre a Terra Chá e Viveiro; o que vai pola Gañidoira.

Sorprendeume ademáis a cantidade de cruceiros que se atopan pola beira desa estrada. Teño pendente visita-la zona de novo para coñecela mellor. O que non sei e se a voltarei a ver nevada porque con este clima tan extraño que nos gastamos ultimamente …

Teño algo pendente aquí …

… na costa de Loiba, no concello de Ortigueira.

Teño que baixar ata as praias menos frecuentadas pola xente nesta zona. Polo que tamén terei que averiguar primeiro por onde se accede a elas. Non creo que sexa algo moi dificil, o que é dificil e quitar tempo para ir jaja

A Pena Furada vista dende o alto dos cantís é moi fermosa. Existe unha rota de sendeirismo nese tramo de costa.