Os pelos de punta …

…puxéronseme onte con algo que me pasou.

Estaba a ver unhas capturas de video nas que ademáis das imaxes en movemento tiña algunha foto. Moitos saberedes que ó facer unha foto cunha videocámara, ésta, nos segundos que a imaxe se ve detida, continúa a graba-lo son.

Pois ben, andaba a ver unhas fotos de hai xa algún tempo e nelas saía unha persoa que xa non se atopa entre nós.

Non é ninguén da miña familia, nin sequera alguén co que tivera moito trato. Era unha persoa máis, un veciño co que non tiña moitas cousas en común …

O caso é que mentres via as fotos pensaba en que el xa non está con nós, en que mágoa que co paso do tempo moita xente que formou dalgún xeito parte da túa vida se vai indo… e de súpeto escoitei a súa voz.

Mentres eu lles sacaba fotos a él e ás persoas que estaban con él; eles mantiñan unha conversa.

Non podedes imaxinar a sensación que percorreu o meu corpo nese intre. 

É incrible o efecto que poden chegar a facer en nós persoas coas que non temos un vínculo especial, pero que están ahí, que en maior ou menor medida formaron parte da nosa vida.