Música de Björk.
Marzo 6, 2008 a 11:45 pm (Vídeo)
Tags: belelle, cascada, fervenza, neda, o roxal
Música de Björk.
Marzo 6, 2008 a 9:44 pm (Cousas miñas ...)
Non hai moitos días que me pai fixo un par de cestos.
Son os dous que saen na foto á esquerda.
O cesto da dereita tamén o fixo él, pero xa é máis vello.
Algún día tereille que dicir que me ensine …

Marzo 6, 2008 a 9:32 pm (Cousas miñas ...)
Védelo na foto?
Algúns xa recoñecerían o lugar. É ó lado do faro de Estaca de Bares.
Quería ter unha foto co tronco desa árbore seca… misión imposible.
Chegou un señor nunha moto e aparcou detrás.
Eu, claro, agardando a que el marchara para que me sacaran a foto peeeero … o tipo nada que liscaba dalí e a min xa me daba rabia seguir agardando porque había xente á cola para sacar tamén fotos alí.
E ó final, vinme coa foto do señor do casco colorado.

Marzo 6, 2008 a 9:23 pm (Cousas miñas ...)
De toda a vida lembro unhas flores azuis no xardín da miña casa que me encantan. Saen cada ano, e sempre digo: “teño que garda-las sementes e plantalas nunha maceta para poder colocala onde queira”, pero ata o de agora nunca o fixen…
O caso é que non sei como se chaman e polo de agora non atopei información en Internet. Claro, sabendo o nome é fácil atopar unha foto da pranta, pero ó reves … jeje
Inda por riba a única foto que teño na que saen as flores e esta, e co que se ven quen me vai axudar a identificalas? jaja

Terei que agardar a que saian as flores de novo e tomarlles algunha foto.
De momento sigo buscando fotos de flores azuis en Internet por se de casualidade … jeje