Momentazo Orozco en Ortigueira.

Xa comentei noutra entrada do blog cando colguei unhas fotos deste rapaz neste concerto que a música que fai non vai no estilo da música que escoito habitualmente, sen embargo teño que recoñecer que é un gran artista e que disfrutei moito desta actuación.

O momento do vídeo xa é nos bises. Despois dun gran concerto sae para interpretar unha das súas cancións máis famosas e que todo o mundo agardaba. Entón, o público cántalle a canción… Foi algo emotivo.

Por certo, a camiseta laranxa que leva posta Antonio, para quen non o saiba, é a da edición do Festival de Ortigueira (Mundo Celta) dese ano.

Deixar un comentario