Momentazo Orozco en Ortigueira.

Xa comentei noutra entrada do blog cando colguei unhas fotos deste rapaz neste concerto que a música que fai non vai no estilo da música que escoito habitualmente, sen embargo teño que recoñecer que é un gran artista e que disfrutei moito desta actuación.

O momento do vídeo xa é nos bises. Despois dun gran concerto sae para interpretar unha das súas cancións máis famosas e que todo o mundo agardaba. Entón, o público cántalle a canción… Foi algo emotivo.

Por certo, a camiseta laranxa que leva posta Antonio, para quen non o saiba, é a da edición do Festival de Ortigueira (Mundo Celta) dese ano.

Paxaro con ritmo.

Este é Manchita. Un canario que tiven. Apareceu un día no galiñeiro e víase algo velliño, imaxino que de andar por ahí perdido. Pero ós poucos días cuns poucos coidados Manchita rexuveneceu. Neste vídeo vese como baila contento unha canción de Poisonblack. E o ben que segue o ritmo! jaja Era moi fan dese grupo, sempre bailaba cancións deles.

Un ghato túzaro.

Perecho é moi rabudo, pero sempre foi así, xa de noviño podiamos ver o que nos esperaba …

Ghato trabón!

  

Ghato tolo!

  

Ghato cazoleiro.

- Creo haber visto un lindo gatito…

  

Un marco singular.

Este é o marco de Portonovo. Confluen nél tres concellos: Valdoviño, Narón e San Sadurniño.

Leva a inscripción M3T e tamén ten unha cazoleta prehistórica. A pedra formaría parte dalgún túmulo.

Desde Cedeira con amor …

Moito ollo cos da Vila porque nos teñen a tiro.

Malladora.

Evolución.

Outra de cemiterios.

Cedeira.

Betanzos.

MeigaS.

- Cóntoche un segredo?

Como me aburro!

Este tempo tenme amolada totalmente. Cando fai frío non son persoa.

Dou voltas por aquí e por alí sen facer nada.

Hoxe polo menos inda me entretiven un cacho coa serie Padre Casares (hoxe superáronse, o capítulo comezou forte e rematou forte tamén). Os que ven House non saben o que se perden jaja

Finde aburrido sen moito que facer…. resultados:

 
-
Unha avelaíña no ordenador e as miñas cornetas, que disque se chaman calas.
-

A ver como está o día mañá … que me aburrooooo

E ademáis teño que lava-lo coche, e négome a facelo con este frio jaja

Non sei se terei algún tipo de alerxia, non son propensa a coller alerxias pero noto a pel sensible, como dolorida, igual é polo frío …

Espero que non chova o sábado. Estarei no pavillón da Gándara xunto con outras artesás con motivo do día da muller traballadora. Faremos mostra en vivo de como facemos o noso traballo. Ó parecer tamén haberá algunha actuación musical, será unha especie de festa.

Ó ser no pabillón non importa moito que chova, pero andar coas cousas para aquí e para alá é algo delicado, non quero romper nada, e coa choiva sempre hai presas …

Boh, voume deitar, a ver se durmo que igual estou demasiado aburrida ata para conseguir durmir. Buffffff