Feira Medieval en Moeche. 2007.

Fotografías da edición do ano pasado. E se repiten, este ano logo ven …

Cachorro de tigre.

Que tenro…

Un señor corvo.

Os corvos son os meus paxaros favoritos, xunto coas pegas, os paporroibos e os carrizos.

A feira medieval coincidiu coa feira do cabalo.

A animación nas rúas. Eran moi divertidos!

Os músicos eran do mellor.

Posto da fiadora.

Cemiterio.

¿Alguén dubida da fermosura dos cemiterios da Terra Chá?

Pantín.

Igrexa de Santiago de Pantín.

Zona de A Veiga, Figueredo, Fermil …

Esta foto non é moi vella terá 3 anos máis ou menos. Se tomásemos a foto hoxe  sairían dúas casiñas novas; e unha ó lado da outra curiosamente.

Frádigas. É un lugar bonito para pasear. Afastado da estrada xeral e cunha fermosa vista da praia de Vilarrube. Nesta foto, un recanto pra facer unha parada.

Marnela de Riba. Cos Penidos como telón de fondo.

Pilla. Unha chinchilla.

Bueno, pouco a pouco foron saindo tódalas miñas mascotas neste blog. E todas tiveron o seu momento protagonista excepto Pilla. Agora tócalle a ela.

Mares e lagoas.

Hércules. A Coruña.

Tarde pescando. Valdoviño.

Mar e lagoa. Valdoviño.

Monicreques.

O pasado decembro participei no primeiro mercado de Nadal que se organizou en Cedeira e merquei este par de monicreques no posto dun compañeiro.

Foi unha regresión á infancia jajajaja

Tiñamos dous na escola unitaria de Pantín. Tan só me lembro do nome dun deles, un rapazolo chamado Crispín, pero tamén tiñamos un velliño, e moi segura non estou, pero penso que se chamaba Xaquín. Moito me gustaban os monicreques e agora de grande xogo con eles coma cando tiña 6 anos, en fin …

De paseo pola Punta Chirlateira.

Unha vista da capela de San Antonio do Corbeiro (en Cedeira) dende Pantín.

Rochas, cabos …

O Pancho e o mar.

Cogumelos.

Esta é a segunda pena furada que temos en Pantín, na desembocadura do Alfunil.

Vista dende a Punta Chirlateira que para tirarlle fotos de preto é necesario ir de marea baixa e mollar un chisco os pés. Outra opción sería fotografiala dendo o monte da Burneira…

E de novo unha de cemiterios …

Anxo do cemiterio de Ortigueira.

Este cemiterio é o que máis me gusta dos que teño máis próximos ó meu domicilio.

Bechos!

Sempre o paso pipa sacando fotos de bechos. É algo arriscado no meu caso, pois son sensible ás picaduras das vésporas e non é a primeira vez que me mandan a urxencias jaja

Os bechos destas fotos andaban todos na zona da Estaca de Bares, onde de cando en vez vou vender artesanía e aproveito para tirar algunhas fotos.

Véspora en vertical.

Avelliña.

De novo a avelliña. Ía cargada de pole! jaja

Vídeo do Pancho denantes do accidente.

Algunhas das imaxes son incluso do día antes do atropelo. Confío en que pronto o Pancho volte a desfrutar dos seus paseos coma no vídeo.

« Entradas máis antigas