Tálesien na Mardigrass.

O pasado sábado achegueime á Coruña para ver a Tálesien na Mardi. Un saúdo a tódolos coñecidos que andaban por alí e velahí queda un vídeo dun tema do novo disco (Melancolía) destes rapazolos, “Alma de Arena”:

Golfiños Na Proa. Exposición itinerante. En Cedeira.

Onte queixabame de que con este clima que nos gastamos non podia sair a pasear e hoxe aproveitando a tregua co tempo (para mañá disque xa volta a revirarse) saín coma un foguete cara a Cedeira a pasear polo porto. Pois por riba había sorpresa. Non sabía que estaba alí un veleiro clásico recuperado (pertence á empresa Acquavisióngalicia S.L.) que co patrocinio da Deputación da Coruña leva unha interesante exposición itinerante sobre a vida dos cetáceos de Galicia e a biodiversidade do medio mariño que os rodea.
A visita é gratuita e o horario é de 4 a 8 da tarde se non lembro mal.
Velahí está o veleiro-museo, algo máis atrás do Narducho:

O veleiro-museo:

Cráneo de arroaz, unha mostra do que se pode ver na exposición:

Espectacular cráneo de balea; “rorcual alibranco”

Por certo, recuperado dunha balea varada na Frouxeira.

A exposición conta con moita información en paneis e tamén cun vídeo coa historia do veleiro.

Feto de golfiño. Recuperado da súa nai varada.

Tartaruga recollida viva pero que logo non sobreviveu. Foi atopada envolta nesas redes. É importante non desbotar as redes vellas ou rachadas polo borda, logo pasan estas cousas. Así como tampouco se deben tirar plásticos e refugallos no mar; os animais confúndenos con alimento.

Hai cousiñas curiosas como aceite de balea, xabón, ou unha escoba feita coas suas barbas …

En fin, apoveitade a ocasión, e non perdades a exposición.

Ría de Cedeira.

Bueno estos días como o tempo non acompaña para sair de paseo e me anda comendo o demo na casa, parece que non fago outra cousa mais que subir vídeos de fotos de paseos varios…
Pois así é, ahí vai outro… desta volta son fotos da ría de Cedeira sacadas dende o lado deles, polo que se ve tamén a zona pantinexa, sobre todo a Punta Chirlateira. Eu case son chirlateirana (¿ou chirlateirense?) xa que non hai moita distancia dende a miña casa a ese lugar.

Malvela en Ortigueira. O Pirimpimpín!

Bueno, prometera subir algo máis de Malvela. Ahí esta unha parte (o final máis concretamente) do famoso Pirimpimpín. Foi no festival de Ortigueira (Mundo Celta) deste ano.

De novo a mariña lucense…

Bueno eu parece que non fago outra cousa que ir por esa zona pero é que me gusta moito, que lle vou facer…
En fin, fotos no Souto da Retorta (Chavín. Viveiro) e na praia de Viveiro. Ó final saen un par de fotos dunha aldeiña que agora non me acorda o nome, está pouco antes de chegar a Viveiro vindo do lado da Coruña, onde se colle o desvio para ir ó parque etnográfico do cargadoiro de minerais.

Hoxe pensaba ir ver o pasarrúas do Samahín en Cedeira, pero comezou a chover de tal maneira e facía tanto frío que me rendín. A ver se para o ano por fin… jeje

Bueno, o vídeo:

Praia de San Román (O Vicedo)

Unha praia que me gusta moito.
Sempre a vía dende a estrada cando ía cara o lado de Viveiro, ata que un día hai un par de anos fun co meu mozo. Encantounos.
Este é un vídeo con fotos desa praia:

Andaina a Santo André de Teixido.

Porque é unha rota interesante e bonita.

Porque está ben xuntarse para facer algo de deporte.

Porque o Santo André de Teixido é para Galicia o que Santiago de Compostela a Europa.

Porque irá de morto o que non foi de vivo …

Son estas unhas boas razóns para ir camiñando a Teixido. E por iso, este pasado sábado, varios pantinexos e achegados fomos en batallón dende a nosa parroquia ata as bravas (e fermosísimas) terras da Capelada.

Foi unha excelente excursión organizada pola Asociación de Veciños de Pantín. De seguro moitos agardan con impaciencia a próxima.

Velahí un vídeo-resumo da andaina:

E ahí vai outro con fotografías da excursión:

Se algúns dos participantes na andaina queredes copia dos vídeos e das fotos, pasade pola miña casa cun cd e grábovolo. Tamén lles darei un cd con todo ós da AVV por se lle lo queredes pedir a eles para copiar.

X Mostra Etnográfica de Cabalar (A Capela) 2008

Este pasado domingo paseino estupendamente neste evento ó que acudía por primeira vez.
Celébrase nun lugar moi fermoso: o entorno da igrexa de Santa María de Cabalar.

Na mañá o tempo estivo moi revolto. Na seguinte foto vese o ceo cuberto… ós poucos minutos de sacala xa comezou a chover… parecía que o día non ía abrir pero despois de comer o ceo abreu e ata fixo calor.

Durante a mañá, un grupo de vehículos históricos percorreron A Capela. Logo todos puidemos contemplalos na festa.

Na mostra había varios artesáns. Sei que á maioría non lles gusta que lles saquen fotos asi que como mostra tan só vou poñer os atarecos do serrachín:

Para ver ó resto dos artesáns… pois acudide ó evento o ano que ven!

Ademáis do serrachín, había fiadoras, unha artesá co seu tear, unha artesá de traxes tradicionais, artesáns da madeira e canteiros, artesáns do mel e derivados, etc Bueno, non incluio foto do meu posto porque xa o teredes moi visto, eu traballo básicamente con arxila polimérica. Tamén estaba a agroalimentaria do Eume.

Logo chegou a hora do xantar, esqueceume preguntar quen era o que asou o churrasco pero estaba boísimoooooo. E dío unha persona que non é especialmente aficionada ó churrasco. Pero estaba… ñam ñam! que ricooooooo.

A festa estivo amenizada coa música de Manolo de Viveiro, gran animador él. E tamén co grupo de música tradicional Os Suplentes de As Pontes. Menuda festa se montou na sobremesa. As cantigas populares (algunhas bastante picaronas :D ) deron paso tamén ós bailes.

Logo había programada unha visita ó Muíño do Barreiro, que non quedaba excesivamente lonxe do lugar da festa e, como non, eu tamén me apuntei. Foi un bonito paseo a pé por un camiño fermoso. Non dubido de que voltarei por alí. Paga a pena.

Foi unha fermosa excursión, ademáis ¡acompañada de gaitas!, que máis se pode pedir? Dende logo a min fascinoume!

Indo cara o muiño.
Indo cara o muíño.

 A medio camiño fixemos unha pequena parada xa que xurdíu un pequeno debate micolóxico.

¿Era comestible ou non?

Pois si que o era. Inda que como dí Xusto: Tóda-las setas son comestibles, o que pasa é que algunhas tan só as comes unha vez…

Ó fin chegamos ó muíño.

Os intrépidos excursionistas chegando ó muiño.
Os intrépidos excursionistas chegando ó muíño.
Muiño do Barreiro
Muíño do Barreiro

 Unha vez na meta, algúns de nós seguimos avanzando algo máis. Tamén os músicos; pero esta parte do camiño era algo máis complicada e houbo que aparcar os instrumentos, que durante un anaco, ficaron a xeito de postal adornando o xa de por sí fermoso entorno.

Tramo do rio con recheo de coios enormes.
Tramo do río con recheo de coios enormes.

E agora en fila de a un …

Seguindo o canal do muiño.
Seguindo o canal do muíño.

Encantoume este lugar no que as rochas presentaban unha vestimenta a base de vexetación:

De volta ó muiño.
De volta ó muíño.

Continuará…

Inda falta máis relato, máis fotos e algún vídeo.

Continúo á noite para non seguirlle a restar tempo ó traballo, que estos días estou que non dou feito e necesito a luz solar para avanzar.

Bueno hoxe 22 de setembro (ou 23 que xa é de madrugada) ó fin edito isto para inclui-los videos que non insertei na entrada esta por falta de tempo…

 


Visita ó muíño do Barreiro e xogo de baile coa escoba que ninguén quería (o que queda con ela perde).

Edito a 30 de outubro de 2008 para engadir o derradeiro video (o pouco que puiden grabar da malla) por non podelo subir antes. Velahí vai:

Procesión do día do patrón. Santiago de Pantín. 2008.

Recuncho máxico.

En Pantín ainda quedan recunchos libres de turistas en agosto. Hai que facer algo de deporte de risco para chegar iso si … :D

« Entradas máis antigas